Menos PDF e máis Blogs

Xa que teño máis tempo libre durante estas pequenas vacacións, pensei nun interrogante que nos facía a nosa mestra, Adriana, sobre a selección que facemos á hora de pescudar información para traballos, investigacións ou mesmo curiosidades propias. E si, dinme de conta de que non consulto tanto como debería os Blogs de persoas anónimas expertas en diversas materias.

Así que, tirando de buscadores e como non, recurrindo ao meu preciado e non olvidado Google, fixen búsqueda avanzada coas palabras clave de "tecnología, educación, novedad" e acotei a miña pescuda de cara a Blogs que estivesen actualizados como mínimo, un ano para atrás. 

Debo recoñecer, con moito gusto, que a cantidade de información, estudos, persoas adicadas ao mundo da ensinanza e curiosas polas TICs, é sobrecolledora pero sobretodo moi interesante.

Deixovos uns cantos enlaces para que, os que queirandes, leades algo e poidades darme a vosa opinión. 

E coma min, pensades que debemos informarnos máis mediante Blogs profesionais ou seguimos fiándonos de PDF e páxinas oficiais? 

Grande dúbida para grandes respostas! 

http://domingomendez.blogspot.com.es/

http://ticpedagogiayeducacion.blogspot.com.es/

 

Ademais, atopei un blog que me encantou polos recursos, información e entradas moi interesantes que presenta. Non so se adica á tecnoloxía en particular e nos como Pedagogos temos que ver todo o contexto ou distintos focos de atención que se nos presentan. Aiquí vos deixo o enlace:

http://educacion2.com/

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    Penso que debemos facer unha busca complementaria em ambos aspectos Lucía! Nestes tres anos de carreira acostumáronnos demasiado a buscar PDFs e artigos oficiais sobre os que xustificar os nosos traballos, deixando totalmente de lado os blogs. Creo que nos blogs podemos atopar información tan ou máis interesante que nos outros medios. O problema e que igual en moitos deles a información se ve dunha maneira máis subxectiva ... E en canto a Educación 2.0, botareille un ollo! Smile

  • Lucía

    Opino coma ti, Carla. O que pasa é que eu tamén me poño na pel de eses profeisonais que intentan difundir a súa información, como podemos facer no noso caso dentro dun tempo, e sí que agradecería que o meu traballo se tivese en conta. Por exemplo, os Blogs sería un tipo de coñecemento aberto que moi poucas veces se ten en conta. Alégrome que lle botes unha ollada. A min gustoume moito Wink

  • Belén Quintana Río

     A verdade é que nunca me puxera a pensar sobre este aspecto, pero recapitulando as miñas búsquedas de información para os traballos si que é certo, como di Carla, que as baseo máis en páxinas ou PDFs oficiais en vez de Blogs. Supoño que non me considero unha experta en eso de analizar a información e polo tanto non acabo de fiarme de si a documentación que aparece nos Blogs é completamente certa. Ademais, coma neses espazos se acostuma a dar a opinión moitas veces o que atopamos son crenzas e información pouco obxetiva. De todas formas, despois desta reflexión creo que non descartarei tan á lixeira os blogs ou foros de opinión para complementar as miñas búsquedas de información. Interesante entrada ;)

  • Lucía

    Moitas grazas Belén! Sen dúbida eu tamén paso un pouco por encima aos Blogs pero despois destes descubrimentos tereinos en conta. E se atopo máis así interesantes, ou atopades algúns, non dubidedes que os penso compartir para que todos poidamos botarlles un ollo! Laughing

  • Sandra Morandeira

    Al igual que mis compañeras, considero que debemos buscar tanto en "pdfs" como en "blogs", no por llamarse blog tiene que ser menos fiable que un pdf. De hecho, para algunas de mis entradas he buscado en blogs.

    Por otra parte, también es verdad que muchos de nuestros profesores/as nos dicen que no nos fiemos de ellos y que no los pongamos en las webgrafías de nuestros trabajos... lo cual fomenta, bajo mi punto de vista, que no sean frecuentados como fuente de información.