Mix de artigos e sobrecarga de información

imageCarlos Magro, dende o seu blog co.labora.red, permítenos acceder a infinidade de artigos relacionados coa educación, comunicación, colaboración, innovación e redes; algúns dos cales necesito salientar. 

Despois de ler os que máis interesantes me resultaron a simple vista, coméntovos aqui as ideas que neles se tratan. Comeza falándonos da historia da educación durante o último século, no cal esperamos un cambio que nunca chega a nos, atribuíndolle a solución sempre a nova tecnoloxía que aparece nas nosas caras. O problema, é que ao igual que agora, moitos docentes pasados e futuros, tiveron e terán desconfianza no uso das tecnoloxías que se implantan na aula; no presente das TIC. Cargamos deste xeito á tecnoloxía coa responsabilidade de transformar a educación, unha responsabilidade excesiva xa que non se da imposto de todo. A tecnoloxía fracasa, según Magro, por diversos factores, como poden ser o medo o cambio, os interrogantes das familias, o diñeiro ou o tempo de implantación. A solución que el lle atopa a este problema é un cambio simultáneo pedagóxico, tecnolóxico e organizacional das escolas. 

"Imaginemos el futuro que queremos. Hagamos el presente. Construyamos la escuela que queremos."

Debemos transformar a educación para adecuala ó noso entorno seguindo ese cambio, sendo os centros educativos o eixe deste cambio por un lado; e por outro, as persoas, tomando unha responsabilidade individual e un compromiso colectivo. O reto aquí é a dixitalización da educación, necesitamos facela relevante para a nosa, cada vez máis, sociedade en rede. 

Pero, con esta dixitalización, aparecen os xóvenes e o uso que fan das redes. Son, somos, expertos tecnolóxicos en canto a redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram, pero sempre nos están dicindo que non sabemos buscar na rede ou facer un uso responsable e educativo das TIC. Eu pregunto, pero é realmente así? A relación dos xóvenes coas redes é previsible, como dicía D.Boyd é o seu espazo, un novo espazo, para comunicarse cos amigos. O problema son as inmediatas discusións sobre protección, control, limitacións que se desatan inmediatamente. 

"Atender a la educación en tiempos de redes supone abordar el problema conjuntamente entre alumnos, padres, profesores, gestores y comunidad y tratar temas como la identidad, privacidad, adicción, riesgos, acoso, desigualdad y alfabetización digital."

Remata Carlos Magro dicindo que para falar de educación en tempos nos que vivimos en e pola rede hai que facelo en termos de necesidade, utilidade e oportunidade

Sorpréndome a min mesma buscando cada pouco tempo información que pode ser relevante para a materia, e non só para ela, senón para a miña propia formación. Disfruto realmente lendo artigos tan interesantes como este, que me permiten descubrir novas visións acerca da unión entre tecnoloxía e educación; e, como di este autor, da sociedade de redes na que vivimos. 

image

Os artigos cos que traballei son os seguintes:  

https://carlosmagro.wordpress.com/2015/02/27/la-escuela-que-queremos-imaginar-el-futuro-hacer-el-presente/

https://carlosmagro.wordpress.com/2013/10/05/las-tic-sirven-para-abrir-y-expandir-el-aula/

https://carlosmagro.wordpress.com/2014/05/21/internet-redes-sociales-y-educacion/

Magro, C. (2015) Co.labora.red, diversos artigos. Recuperado o 8/4/2014 de https://carlosmagro.wordpress.com/category/educacion/ 

Espero que vos resultase interesante,

que opinades? Laughing