As TIC na UMAD

O meu lugar de realización do PRACTICUM I, foi a UMAD (Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes) en Santiago de compostela.

Na área de prevención empregan dous recursos TIC moi interesantes que comentarei a continuación.

O primeiro deles é a páxina web http://www.compostelaintegra.org/ , que é un espazo de encontro virtual para profesionais de distintos ámbitos que  traballan en rede con algún dos dispositivos da Área de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela. (Entre eles a UMAD) Este lugar é unha ferramenta de traballo interno entre os membros das distintas redes e unha mameira de comunicarse co exterior, que pretende informar á cidadanía das accións que se están levando a cabo e que poden resultar de interese para a súa vida cotiá.

 Co fin de informar á cidadanía tamén contan co recurso do Facebook dos Servicios Sociais, onde se publican as novidades referidas a subvencións, activades etc. Sen dúbida estes recursos facilitan o contacto da UMAD cos demáis servicios cos que traballa en rede, así como tamén constitúen unha ventá para achegar o servizo ó usuarios.

Espero que vos resulte de interese e que botedes un ollo a estes dous recursos que vos acabo de presentar.

Un saúdo Smile