Tecnoloxías para o autismo

Hoxe 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, polo que vos traio novidades tecnolóxicas relacionadas con ese ámbito. No 2012 celebrouse en Valencia o I Congreso Tecnoloxías para o autismo: ferramentas, tendencias e testemuñas.  Intentouse que se vise como un punto de encontro entre persoas con TEA, familias, profesionais que traballen con eles e nese ámbito, e todas as persoas interesadas en aprender un pouco máis sobre o tema. 

Pretendiuse crear un espazo de diálogo entre investigadores, empresas, familias, profesionais ... para que falasen e intercambiasen opinións sobre os usos que se lle poden dar ás novas tecnoloxías no tratamento do autismo. Ademais presentaron novos descubrimentos e resultados do uso de programas virtuais para o tratamento das persoas que sofren TEA. Intentan así crear un espazo no que discernir as posibilidades que a tecnoloxía pode dar, adaptándose as necesidades de cada usuario, utiloizando os coñecementos que se interconectan entre o campo da tecnoloxía e o autismo. 

Faise aqui un oco a Fundación Orange, que intenta mellorar a comunicación entre as persoas, facendo fincapé en persoas con barreiras nese ámbito, como o son as diagnosticadas con TEA. Ligan isto coa tecnoloxía, facendo uso do concepto tecnointegración social, realizando diversas actividades e proxectos sociais baseados no uso das novas tecnoloxías para a mellora da comunicación. Presenta propostas tamén relacioanadas co ocio e tempo libre deste colectivo, ademais de traballar con contidos audiovisuais para facerlle ver á sociedade este trastorno e tentar que se impliquen na axuda a estas persoas.

 http://fundacionorange.es/index.html 

Dentro destes contidos audiovisuais, móstranos un video resumo da conferencia ado 2012, polo que aqui volo deixo: 

Por outro lado, cotilleando os proxectos que desenvolve esta fundación, sorpréndeme un en concreto: Pictogram Room, que nace en colaboración co Grupo de Autismo do Instituto de Robótica da Universidade de Valencia, supoñendo unha forma entretida de avanzar en materia de desenvolvemento persoal de cada individuo. Usando unha cámara e un proxector, consiste no recoñecemento do movemento das persoas, reproducindo a imaxe ligada a elementos gráficos e musicais que levarán ao suxeito polo camiño da súa aprendizaxe. O positivo deste programa é que é totalmente gratuito e compatible co sistema operativo Windows 7. 

Os demais proxectos da fundación atópanse nesta páxina que vos deixo para que os poidades ver: 

http://fundacionorange.es/fundacionorange/proyectos.html

Ademais, o video explicativo desta sala de pictogramas é o seguinte: 

O pasado outono, este congreso levouse a París, estando presente durante dous días no Instituto Pasteur. O programa é obxectivos ven sendo similar ao anterior, so que dous anos despois os avances no uso das tecnoloxías poden ser enormes. Céntranse, aínda así, neste caso, na mellora que as novas tecnoloxías poden manifestar na vida diaria das persoas con autismo. Parafraseándoos concretamente establecen: 

"Este ano a conferencia céntrase en cómo as tecnoloxías dixitais poden ser usadas para mellorar a vida diaria das persoas con autismo"

Podedes ver toda a documentación do congreso (en inglés) no seguinte enlace: 

http://www.itasd.org/?lang=en

Espero que vos resultase interesante esta entrada e espero as vosas opiniónsWink

Comentarios

  • Ana Morala Escobar

    Qué buena entrada Carla!! El TEA es un tema que me interesa muchísimo y creo que, a pesar del enorme avance que se ha hecho últimamente, es un campo de estudio bastante desconocido todavía. He tenido la suerte de tratar con un niño autista y haber vivido como trabajaban con el por medio de las nuevas tecnologías buscando mejorar su formación académica, viendo como se manejaba perfectamente con su tablet y conociendo su relación/situación con las TIC. En cuanto al Congreso, ya había leído varios artículos sobre el tema y opiniones sobre el tema, pero espero poder seguir haciendolo y ampliar conocimientos al respecto, que me parece verdaderamente interesante!

  • carmen martín deben

    El autismo es tema que me llama mucho la atención y que a día de hoy aun se está descubriendo mucho. La diferencia de lo que se sabe a día de hoy es abismal con lo que se sabía hace pocos años, hace unos días vi la película Rain man, una película del año 88 en la que el protagonista descubre que tiene un hermano autista al morir su padre y dejarle a el la herencia. En esta película se puede ver lo poco que se sabía del autismo en esa época donde creían que debían de estar internados en centros psiquiátricos y el propio psiquiatra que lo trata admite que antes se les denominaba retrasados inteligentes, lo cual es inconcebible a día de hoy. 

    Os dejo el cartel de la película y os recomiendo que la veáis: