TIC en todas partes

Camiseta TIC

O outro día visitei a páxina da tan coñecida tenda Pull and Bear e chamoume a atención unha camiseta sinxela que non puiden evitar compartir e facerme reflexionar. A camiseta adxúntoa aquí e a pesar de ser  moi sinxela, creo que transmite unha mensaxe moi clara e directa: "I don't need you, I have internet" (Yo no te necesito, tengo internet).

A miña primeira reacción foi de sorpresa, pensei en que internet aparece "ata na sopa" pero logo non me pareceu tan extraño. Cantas persoas vemos cando camiñamos pola calle coa vista pegada ao móbil? Nesto inclúome eu mesma, xa que para non "aburrirte" vas mirando calquera cousa pola pequena pantalla. O peor non me parece iso, senon que considero que cada vez hai menos relación persoal, cara a cara por así decilo, e máis a través de internet. Outro exemplo, é a situación dun grupo de persoas tomando algo nun bar e que todo esteñan co móbil nas mans como se non houbese de qué falar.

Realmente, pode internet substituir unha conversación en persoa, abrazos, palabras, xestos ou substituir propiamente a unha persoa? Hai moitos aspectos positivos das TIC pero a súa errónea utilización conleva a algo tan triste como prescindir de necesitar a alguén xa que se cre que se ten todo con internet.

Comentarios

  • Silvia

    O lema de esa camiseta é a triste realidade, ó igual ca ti opino que as relacións interpersoais se están perdendo, ou virtualizando o que na miña opinión fai que non sexan da mesma calidade. Só é necesario ver un día de tormenta as reaccións que temos candoo se vai a luz e non nos vai internet, xa non sabemos que facer !

  • Sandra

    A pregunta que realizas Eli, se a Internet pode substituír as conversacións, os abrazos....?

    A miña opinión é que Internet ou sobre todo as redes sociais non deberían influír nas relacións entre as persoas, na comunicación, na expresión de sentimentos....

    Pero isto non é a realidade, xa que por exemplo ai moitas xente que a través dos emoticonos do Wasap mostran caritas con beitos …

    Que en realidade ese sentimento non existe ou non se manifesta. Polo cal considero, como bos decides que existe unha gran influencia de Internet nas relacións e interaccións.

    Baixo a miña opinión este tipo de frases en camisetas ou en calquera produto, non axudan a entender a Internet como un medio de aprendizaxe, colaboración e interacción coas demais persoas, senón que o mostra como un medio de individualismo e illamento, xa que o observar este lema a miña mente ven unha imaxe dunha persoa solitaria diante dun ordenador, tablet....
    Considero que este tipo de ideas non se deberían fomentar xa que como seres sociais necesitamos relacionarnos coas demais persoas e interactuar con elas fisicamente non a través dunha pantalla.