HER

Trala visión da visión da película Her, podo reafirmar que para as relacións con amigos ou coa parexa, o contacto físico e o encontro cara a cara, seméllanse como a mellor forma de comunicación existente, a pesar de que existan sistemas operativos aparentemente perfectos, pero que nunca serán capaces de favorecer un simple xesto como un abrazo. Penso que como outras tecnloxías que empregamos, tamén nos poden favorecer a vida un chisco máis facil, destacando sobre todo na faceta de organización do material e das labores a realizar no día a día. Coma todas as tecnoloxías ten os seus puntos fortes e débiles, polo que se debe optar por un uso o máis responsable posible e centrado en aspectos non tan sentimentais.