Novo e interesante descubrimento!!

Boas!

Onte por casualidade coñecín a serie "Black Mirror", moi interesante e que ten moito que ver con esta asignatura.

Está composta por capítulos individuais, onde se contan diferentes historias, pero todas teñen un punto en común, a incidencia e consecuencias que ten na nosa vida e na sociedade a mellora e desenvolvemento das novas tecnoloxías.

O capítulo que vin eu foi o primeiro "El himno nacional" e realmente fíxome reflexionar moito. A través da historia que se desenvolve (que non vos vou contar para non ser spolier), podemos apreciar o poder que ten internet e as redes sociais, poder que mesmo sobrepasa ós dos grandes gobernos, e que pode ata chegar a destrozar a vida dunha persoa.

Nesta tamén se pode apreciar a latente cultura da inmediatez que  define á sociedade de hoxe en día, así coma a modernidade líquida de Zygmunt Bauman, segundo a cal os individuos nesta sociedade tan cambiante deben crear unha identidade flexible e adaptable a estes cambios (no capítulo podemos apreciar os diversos cambios de identidade dixital atribuídos ó protagonista, favorecidos pola gran rapidez nas comunicacións e intercambio de opinións, que se da sobre todo a través das redes sociais).

Por último, ó final do capítulo coa reflexión que fan podemos concluír que nós estamos totalmente subordinados ás novas tecnoloxías, estas dominannos e contrólannos ata o punto de ser capaces de paralizar as nosas vidas, poder que sen embargo non deberían posuír, e sobre o que sería moi interesante reflexionar.

Nada mais! anímovos a ver a serie, e agardo que vos pareza tan interesante como a min.

Un saúdo!

Comentarios

  • Martín

    Buenas tardes Lorena,

    No puedo estar más de acuerdo contigo en la concepción y el sentido de la serie. Yo hace ya un año que la sigo y la verdad es que no dejan de sorprenderme con los capítulos nuevos que están saliendo.

    A medida que van pasando las temporadas los capítulos son más interesantes y más paranoicos. El autor nos intenta mostrar una concepción del futuro bastante peligrosa, y todo por nuestra culpa. Hemos dejado que las tecnologías ocupen un lugar importante en nuestras vidas, hasta tal punto que dejamos que nos la controlen. Esta serie refleja muy bien que si no nos controlamos y dejamos de darle tanta importancia a las tecnologías acabaran con nosotros. Es verdad que aportan mucho, y que si las utilizamos debidamente tiene una repercusión favorable en nuestros actos.

    Son temporadas cortas las que nos ofrece la serie, pero con capítulos muy intensos e interesantes, que dejan a cualquiera alucinado y enganchado. Yo ya se la he recomendado a muchos de mis amigos y a todos les gusta, algo parecido a lo que intentas tu también.

    La verdad es que me ha parecido una entrada de lo más interesante y espero que mucha gente se anime a ver la serie.

  • Belén

    Boas tardes Lorena!

    Comparto a túa opinión xa que eu tamén son seguidora desa serie. É moi diferente ao resto e realmente interesante. O autor, é evidente que xoga co papel da crítica hacia o manexo intenso e obsesivo das TIC que se leva a cabo hoxe en día, e cada vez en aumento. Esta crítica móstraa, como ben dixestes, en pequenas historias nas que as experiencias tecnolóxicas son levadas ao límite e causan resultados "paranoicos" ou catastróficos. De aí, ao nome da serie, "Espello negro". Con isto o autor refírese a esa cara negra das novas tecnoloxías, esa pantalla do ordenador, da tablet, do móbil, etc.  

    A min, persoalmente, o capítulo que máis me impactou foi o de "Tu historia completa". Senón o viches aínda, aconsélloche que o fagas. A pregunta que te fas ao acabar de ver este capítulo é: pero, en serio chegaríamos ata este extremo? Valería a pena inventar tal cousa para as nosas vidas? Dende o meu punto de vista, iso sería máis perxudicial que beneficioso para nós. De feito, no propio capítulo pódese ver o caso dun home que chega a "loucura" despois de ver tantas veces os recordos coa súa exparella. 

    Agora que comentaches sobre o tema e me recordaches a serie e, en especial este capítulo (vina o ano pasado), púxenme a indagar sobre os chips de memoria, se realmente existían. E, para a miña sorpresa atopeime con isto:

     

    http://hipertextual.com/2011/06/cientificos-crean-el-primer-chip-de-memoria-implantable

     

    E a miña pregunta é: ata que punto é necesaria a tecnoloxía? Claro que estaría ben, en certo modo, para a xente que padeza a enfermidade do Alzheimer u outras perdas de memoria pero temo que iso fora a máis. Que se puxese de tendencia no futuro e acabase a sociedade como no capítulo que vos dixen... En que se convertirá isto? Ciencia ficción? Realidade...?

  • Lorena Sanín

    Polo que vexo debo ser a única que non a coñecia.....

    De momento so ouiden ver o primero capitulo, pero agsardo poder ver mais nos próximos días, e si, por desgraza as templadas parecen un pouco curtas.

    Non vin o capítulo ó que te refiere, pero de de loco o da noticia da cerro medo, que a capacidades de recordar esté en manos de outros......mais vale que lle caias ven, que senón.... Aínda así está claro que, como dicides o artículo mais ti pode ter moi boas repercusións en enfermos de alzheimer e semellantes, pero creo que se realmente se levase a práctica restrinxindo o seu uso só ós enferomos, non tardaría en aparecer o "mercado negro" que as abastecese con otras finalidades, o que podería dar lugar a moitos problemas, non so sociais como di o articulo, senón tamén persoais.....

    Polo de ágora non podo dicirche mais, estou desexando chegar a ese capítulo, deixachesme intrigada!

    Grazas por contestar!