Micromachismos

Ao longo do que levamos de cuadrimestre adicamos unha parte importante do tempo a descutir se a internet é tan inclusiva coma se nos trata de vender. Aínda que tratamos principalmente o tema da brecha dixital, tamén existen outros fenómenos de exclusión no mundo dixital e, por suposto, as mulleres estamos entre as que a sofrimos.

Nos últimos anos pasamos de ver un machismo expresado claramente (segue a existir, claro, pero o certo é que en moita menor medida), a outro máis soterrado. É o que Bonino (2004) denominou micromachismos, que define coma as resistencias que se dan para a igualdade das mulleres no día a día. Son esas pequenas cousas das que ás veces nen sequera nos decatamos (xa sabedes, "detalles" coma que os cambiadores de bebés estexan nos baños de mulleres).

Pois iso que pasa na realidade, filtrouse tamén á rede. Non pretendo cansar a ninguén cun sesudo estudo sobre o tema, pero creo que un exemplo pode ilustrar o que digo. É unha experiencia persoal e é bastante entretida de ler:

http://verne.elpais.com/verne/2015/03/04/articulo/1425488272_805369.html

 

Fontes:

Bonino, L. (2004). Los micromachismos, Revista La Cibeles, 2. Consultado o 06/04/15 en: http://www.luisbonino.com/pdf/Los%20Micromachismos%202004.pdf

Comentarios

  • Belén Quintana Río

    Bua Iria me pareció súper interesante! La verdad, es que, aunque soy mujer, nunca me había parado a reflexionar o a analizar sobre el tema del machismo en Internet. Incrédula de mí que pensaba que por estos medios no se daba... y menos de esa forma que relata la noticia. Yo creo que siempre va a haber una pizca de ese tono machista, siempre va a haber una distinción ente hombres y mujeres y siempre nos sorprenderemos cuando una chica o chico hace una actividad que se asocia con el otro sexo (como en el caso del artículo que la mujer habría un canal sobre videojuegos). La sociedad está creada así, por mucho que nos duela...

  • Iria Vilar San José

    Graciñas, Belén, polo entusiasmo.

    Eu igual son un pouco inxenua, pero creo que a sociedade creámola entre todas/os, así que se nos facemos máis conscientes de estes fenómenos e actuamos en consecuencia, as cousas sí que poden mudar.

  • david reboredo gutiérrez

    É bastante interesante a entrada e como ti dis penso que tamén se trata dun tipo de discriminación hacia as mulleres que está oculto, de feito non consideraba que se dera tal situación tamén coas novas tecnoloxías. Coido que o xurdir neste contexto depende en boa parte do peso que se lle outorga na sociedade aos homes, sen a existencia dun trato igualitario entre homes e mulleres. Penso que é unha boa faceta sobre a que a educación debe estar ao día co obxectivo de tentar erradicala!