InLugo e alfabetización dixital

Despois de uns días sen publicar volvo a darvos a brasa, esta vez co tema tratado onte na clase expositiva: a alfabetización dixital. Antes de nada dicirvos que non vou facer unha entrada colorida e sinalando palabras nun tamaño de letra maior xa que, supoño que debido as actualizacións que están facendo na rede, o menú de texto modificouseme por completo. 

Dito isto, onte falabamos da necesidade que temos de alfabetizarnos, todos nos, en torno ao mundo de internet e as tecnoloxías. Actualmente só saber e ler non é suficiente para adaptarse ao mundo no que vivimos, aparte diso temos que alfabetizarnos de varias e novidosas maneiras. 

Na miña opinión todos debemos alfabetizarnos para adaptarnos á nosa era tal e como diciamos, xa que, todos sabemos mandar un mail ou abrir unha conta en Facebook, pero realmente, que sabemos do mundo das tecnoloxías? e en concreto de internet? Eu penso que non. Tal e como temos comentado, só coñecemos unha pequena parte de todo o que internet nos ofrece e de todo o que implica. Esta perspectiva dame medo xa que estamos nas mans de señores como Zuckerberg ou Brin e Page (creadores de Google). Eles manexan as nosas vidas prácticamente, a información coa que tratamos é a que eles queren que tratemos, móstrannos os anuncios que eles pensan que son os máis adecuados para nos ... e iso non é todo, a saber que farán con eses datos! Pero, como dicía Olegario na clase, seguimos indo a eles, todos acabamos nas mesmas plataformas. Aínda así, iso non é so na internet, tamén pasa no mundo real, ou idesme negar que todas/os imos a Zara, Springfield ou Pull and Bear? No fondo é a sociedade de consumo a que nos move. 

Persoalmente considero que este ano estamos descubrindo moitísimas cousas que se poden facer en internet, así como páxinas e aplicacións que nos axudan a organizarnos, pero, si ata agora con vintepico anos non descubrimos isto.... que nos queda por aprender? Moitísimo. Falabamos na clase as miñas compañeiras e máis eu que no punto no que nos vemos máis pobres á hora de falar de competencias dixitais é no feito de ser usuarios críticos para distinguir a información na rede, así como non saber distinguir moitas das pezas (internas ou externas) dun ordenador, xa que, outro grupo preguntábannos: software é iso de Windows, Mac ... non? E, despois de dubidar chegamos a conclusión de que si, que tiña que ser iso, pero sen estar seguras o 100%. 

Carencias? Moitísimas, polo que temos que solucionalo, polo menos pola miña parte. 

Ligado o tema e navegando pola rede, atopei un video no que se mostra un Taller de Alfabetización Dixital que se levou a cabo por Juan García no Congreso InLugo o ano pasado. Citando a súa presentación: 

Será un espacio donde intentemos comprender qué es lo que supone para nuestras vidas el uso de la red, qué uso hacemos de ella y qué implicaciones tiene en el mundo que nos rodea. (InLugo, 2014. Recuperado o 8/4/2015 de http://www.inlugo.com/inlugo/)

Déixovos o vídeo por se queredes botarlle un vistazo e máis a páxina do congreso, na cal atoparedes moita máis información: 

http://www.inlugo.com/

E vos, védesvos tan perdidos coma min? 

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Como ti ben dis, para poder vivir na sociedade acutal do coñecemento non so basta con ser posuidores de información, senón que é necesario saber empregar esa información, cal nos pode servir e cal non, ter as competencias necesarias para determinar a fiabilidade dos datos... Para realizar todo isto é necesaria unha alfebetización dixital naqueles aspectos relacionados coas actitudes a desenvolver con determinados contidos, máis que naquelas habilidades instrumentais, posto que a maioría de nós sabemos empregar un ordenador ou calquera aparello técnolóxico, e no caso de que non fora así todo sería cuestión de estrebillar, mais penso que non temos a capacidade de filtrar que tipo de datos que posuímos son realmente certos, polo menos no meu caso. Coincido contigo en que a sociedade de consumo nos motiva a consultar e traballar sempre coas mesmas fontes de información, pero creo que iso sucede tamén porque lle damos unha maior importancia o que alí se nos presenta, como se aquilo que imos buscar fose xa certamente verídico. 

  • Carla Vázquez Formoso

    Douche a razón no feito de darlle importancia ás grandes fontes como se o que fosen a dicir fose totalmente certo, que enganados vivimos! 

  • Sandra Morandeira

    Respondiendo a tu pregunta "Védesvos tan perdidos coma min?" te diré que al principio no, pensaba que las nuevas tecnologías se me daban bastante bien, iba encontrando las cosas que buscaba... pero ahora cada vez más, veo que estaba equivocada. Me queda muchísimo que aprender!; sí, se usar un ordenador, una tablet, un móvil, solucionar pequeños problemas... todo muy "superficial", pero me queda mucho que aprender en cuanto a programas, aplicaciones, páginas web, etc. 

    Respecto al vídeo, me parece muy interesante lo que en él se comenta (gracias por compartirlo!), sobre todo aquello relacionado con la privacidad. Muuuy poca gente entra en "ajustes" en el Facebook, Twitter, Whatsapp... y, consecuentemente, hace más público lo público. Personalmente, yo soy de las que intentan privatizar todo al máximo, pero aún así siempre hay una brecha como se refleja en el vídeo (público - semipúblico). Por todo ello, considero que hay que tener muuuucho cuidado con el mundo de Internet y que cada vez más, se hace necesario una educación digital. No solo educar en el sentido de enseñar a ser críticos, a buscar información y demás, sino que también en el sentido de enseñar a detectar los engaños que puede haber, cómo protegerse, qué compartir y qué no, etc.

    Dicho esto... muy buena entrada! :)