A obsolescencia programada

Con motivo dun tema que xurdiu nunha sesión da materia quería falar da obsolescencia programada e o consumo responsable en canto as novas tecnoloxías se refire. Todos temos escoitado, e mesmo dito, que hai que loitar e reivindicar un consumo responsable, fomentar a economía verde e idear normas de cara a ecoconcepción, pero a realidade é outra, cada vez máis os aparatos tecnolóxicos, e outros mais, están obsoletos case no momento da súa compra, o que implica que ao mesmo tempo xa se estea ideando o mercar un produto similar pero mais moderno, mais actualizado.
Os grandes responsables disto somos os consumidores pero grazas ao comportamento deliberado dos fabricantes e as súas dinámicas de estafar aos consumidores; con propagandas tipo Coca-Cola (ca que “supostamente” de destapa a felicidade) e de LG (Live´s Good, a vida é boa) son exemplos de que pensar en que a ecoconcepción é un feito verídico é totalmente erróneo, xa que nos como consumidores nos atopamos en mans de quen se lucra co lixo que consumimos. Isto tamén é aplicable aos alimentos cos novos procesados “eco”/”biolóxicos”.
O de actualizarse cada “x” tempo como negocio acabará pasando factura, senón o está facendo xa con todos eses danos medioambientais que están ocorrendo, senón que tamén a que isto se está convertendo nun bucle debido a que sempre haberá xente encantada de pagar o que se paga polo mais novidoso e o último.
A noticia que enlazo a continuación fala deste tema, noticia que atopei informándome sobre os usos e malos usos que esta sociedade na que vivimos fai das novas tecnoloxías e dos produtos en xeral, facendo pensar en que somos seres consumidores polas boas ou polas mala e que o concepto de reciclaxe cada vez está mais no abandono, igual que o feito.
http://www.eldiario.es/zonacritica/obsolescencia-programada-consumo-responsable_6_372772738.html
Aquí xúrdeme unha pregunta que é a seguinte: é tan necesaria esa constante actualización? E de ser así, cada canto tempo deberíamos actualizarnos?
Eu considero que si que se hai que actualizar, pero ao mesmo tempo penso que debería de haber maior control nestas e ser mais coherentes, a nivel produtor e a nivel consumidor.

Comentarios

  • Álex Padín García

    Realmente no es necesaria una actualización constante, puesto que si los investigadores de las empresas emplean la mayor parte de su trabajo y empeño en crear dispositivos y herramientas, es lógico que busquen la mejor eficacia posible. Lo que choca aquí es por qué se producen estos altercados.

    Y la respuesta ya la sabemos todos: en una sociedad en la que la información, al igual que la tecnología y el capital priman sobre el resto de las cosas, es normal que las empresas se quieran beneficiar.

    Además os expongo un caso personal: poseo un Iphone 4s, y concretamente hace 4 o 5 meses introdujeron una actualización que "mejoraría la velocidad de procesamiento", entre otros errores. La realidad ha sido que lo han empeorado hasta tal punto que mis aplicaciones se cierran nada más abrirlas. De lo que se trata es de una obsolescencia encubierta.

  • Borja Lapido Tubío

    Moi bo exemplo o do Iphone Alex, xusto ese exemplo me ronda sempre pola cabeza xa que eu non posúo un pero a miña aprendizaxe vicaria faime ter aínda mais recelo cara eles, porque como dis ti, todas aquelas persoas que coñezo e dispoñen dun están cada vez mais a disgusto con eles debido a que cos cambios de modelos continuamente significan unha inversión económica moi alta para "mellorar" aspectos ridículos e os beneficios que aportan.

    tamén coincido contigo no de que é un negocio, non só isto, senón que hoxe en día todo está convertido nun negocio, como dicía miña avoa: antes as cousas facíanse para durar e ahora para que non duren.

    Grazas pola túa opinión.