23 de abril Día Internacional das rapazas nas TIC Cesga-ICT Go Girls!!

 

        Entre as diferentes brechas que existen en relación coas TIC, mencionouse na clase expositiva desta semana a brecha de xénero como un concepto que fai mención as diferencias constatadas na relación e uso das TIC que fan homes e mulleres, nenos e nenas.  É por iso que algúnhas institucións e organismos desenvolven proxectos que teñen como obxectivo borrar ou disminuir a brecha de xénero neste eido. Nalgúns deles participa a comunidade científica galega a través da USC e o CSIC:

        ICT-Go-GIRLS!! é un proxecto europeo cofinanciado pola Comisión Europea dentro do programa COMENIUS  LLP (programa europeo para promover coñecemento e desenvolvemento nos niveis preescolar-secundaria) e o seu principal obxectivo é fomentar a relación e participación das rapazas de secundaria coas TIC capacitándoas con coñecementos, habilidades e valores coas que posteriormente sexan capaces de crear oportunidades de innovación e emprego neste eido.

        Este proxecto está coordinado polo CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), o centro de cálculo, comunicacións de altas prestacións e servicios avanzados da Comunidade Científica Galega, do Sistema Universitario de Galicia e do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC),  tendo como socios participantes outros centros homólogos ou similares noutros tres países europeos: Austria, Alemania e Bélxica. A responsable directa deste proxecto en Galicia é María José Rodríguez Malmierca, coordinadora da área de e-learning dentro do CESGA. 

                                                          

        Un resumo do traballo desenvolto no marco deste proxecto, atópase nunha guía practica de 40 páxinas para escolas, educadoras e administración educativas que brinda as actividades, descubrimentos, barreiras e recomenndacións do proxecto para aumentar o número de mulleres traballando no sector das TIC:  está dispoñible na páxina web  (aquí tedes o enlace http://ictgogirls.eu/sites/default/files/ICTGoGirls_Handbook_for_Schools_ES.pdf

        Precisamente nestes momentos, no marco do ICT GO Girls!,o Cesga está preparando a celebración do Día Internacional de las chicas y las TIC-Día das rapazas nas TIC- Girls in ICT Day no 23 de abril (casi paradóxicamente o mesmo día no que se homenaxea algo "un chisco" menos tecnolóxico: o día do libro) cunhas xornadas :

                                                

        As xornadas inclúen un coloquio por multiconferencia con tres emprendedoras galegas na área das TIC e talleres e actividades para nenas que teñan entre 10 e 14 anos que incluirán xogos con LEGO, Scratch, Makey-Makey e impresoras 3D.

       Nas multiconferencias pode participar calquera pero é preciso apuntarse enviando un correo á dirección e-learning@cesga.es. Así que si estades interesad@s xa sabedes.

       Podedes coñecer todo o labor e actividades desenvoltas no marco deste proxecto polo Cesga e polos diferentes socios na páxina web http://www.ictgogirls.eu/?q=es/node/64, así como a axenda completa destas xornadas e a identidade das ponentes en http://ictgogirls.eu/?q=es/node/129.

       Asimesmo tamén hai unha conta de youtube onde podemos ver todos os vídeos do proxecto e diversas conferencias de mulleres que traballan no sector das TIC (Siemens, IBM, HP, Fujitsu, Balidea (en Galicia), Smartbites, etc. Esta resulta especialmente motivadora así que aquí deixo o enlace:https://www.youtube.com/playlist?list=PLaYnwE2ZurwETyjAShB6_XNmWYnHQycAf

        Pola miña parte, decir que me parece máis que necesario desenvolver este tipo de iniciativas e que as mulleres nos proporcionemos retroalimentación e motivación entre nos para ir rompendo coa brecha de xénero, resultando ademáis fundamental o nivel educativo e grupo de idade ao que se dirixe o ICT GO Girls!!, pois é neste momento cando as diferencias comenzan a facer maior sesgo e tamén cando a maior parte dos adolescentes deben tomar decisións respecto aos itinearios educativo-formativos que queren seguir de cara a enfocar xa o seu futuro profesional, de forma que resulta un período clave para que as rapazas inclúan o sector das TIC no seu abanico de preferencias e de ámbitos de desenvolvemento do seu talento e habilidades.

 

Comentarios

  • Susana Fernandez Rodil

    Gracias Tamara por compartir esta información xa que descoñecía en absoluto o proxecto ITC-GO-GIRLS, e paréceme moi acertado para o que estamos traballando estes días.  A creación de este tipo de movementos son realmente valiosos, xa que hai que tratar de evitar que as rapazas con coñecementos en informática ou tecnoloxía sexan casos "raros" ou aillados.

    Con respecto ás xornadas polo día internacional das rapazas nas TIC parécenme interesantes, aínda que nunca fun moi partidaria de dedicar actividades só a un xenero xa que considero que iso leva a máis discriminación. Pero neste caso, a franxa de idade á que vai dirixido considero que é moi dedisiva á hora da toma de decisións dos seus estudos, podendo plantexarse a tecnoloxía como unha alternativa que, ao mellor, nunca se imaxinaran.

    Por último, ese canal de youtube só lle dín un vistazo pero paréceme unha idea genial para chegar a todos lados con testimonios reais e moi motivadores para aquelas nenas que non se vexan con posibilidades.

    Un saúdo!

  • Laura Fernández Rivero

    No tenía ni idea del proyecto ITC-GO-GIRLS, pero me parece una gran idea. Coincido con Susana con lo referente a las jornadas por el día internacional de las chicas y las TIC. Cuando se realizan actividades para un género solamente estamos fomentando de alguna manera la discriminación, pero a pesar de esto, considero que es una buena idea la realización de estas jornadas.