Deberes si ou non?

5 vías de hacer más divertidos los deberes en casa (Gustavo Martínez)Estes días todos lemos o artigo que La Voz de Galicia publicaba unha entrevista a Francesco Tonucci: «Los deberes son una equivocación pedagógica y un abuso». Mesmo Antón Costa nos falou del na clase. Nel Tonucci comenta como a escola debe estar interesada en que os nenos xoguen, para así poder contar esas esperiencias no colexio; sendo isto o contrario das apretadas axendas que teñen os nenos hoxe en día, cheas de deberes e actividades extraescolares. Que a ver, eu ía a moitas (baila, patinaxe, pintura ...) pero cada día son máis e máis, e a isto súmanselle as clases particulares as que irremendiablemente todos ou case todos os nenos acuden hoxe en día. 

O autor continúa dicindo que os deberes non conseguen o resultado que a escola quere, xa que deberían ser capaces de axudar e reforzar aos máis débiles, pero non o fan. Dalgunha maneira conseguen facelo peor, sendo que estes alumnos se retrasan aínda máis na miña opinión sobre todo se as súas familias teñen un nivel económico de vida medio baixo e non se poden permitir pagar clases particulares para os rapaces. Isto agrava o nivel de desigualdade creo eu. 

E para que vos conto todo isto? Agora o relaciono coa tecnoloxíaPois ben, despois de ler o artigo recordoume a unha cuestión que lle pasaba a miña prima pequena: ela, en sexto de primaria, necesitaba chegar a casa, acceder a internet e descargar os deberes; facelos na libreta e despois pasar polo proceso inverso: escanealos e subilos á plataforma de clase. A min persoalmente isto paréceme unha soberana tontería! Porque é necesario facer pasar ao alumno por todo este trámite? A libreta tradicional segue aí, aínda que moitos docentes intenten obviala. 

Considero que esta é unha maneira inútil e intentar incluír a tecnoloxía nas escolas. A tecnoloxía está presente no noso mundo de moitas maniras, porque forzar a súa entrada deste xeito? Hai numerosas aplicacións e páxinas na rede, dalgunhas das cales temos falado todos, que permiten aos docentes ter un apoio complementario (ou total nalgúns casos) na aula para desenvolver as tarefas. O lóxico sería tirar por aí, e non mandar aos alumnos imprimir e escanear os deberes cada dous por tres, xa que nese trámite perden a maioría do tempo; tempo en moitas ocasións que deberían estar adicando ao xogo. 

Entendo totalmente que para a comunidade docente sexa difícil nalgúns casos incluír estas novas formas de aprendizaxe, pero con tempo, perseverancia, e as novas xeracións de docentes e pedagogos (ou sexa: nos) poderemos conseguilo digo eu. 

Volvendo o tema das familias con menos recursos, onte falando cunha voluntaria de Cruz Roxa en Noia, dicíame que ela (profesora xubilada e sen relación coas tecnoloxías) non pode axudarlle aos rapaces que acuden a apoio as veces que os profesores lles mandan descargar as fichas da páxina do centro, xa que ninguén a formou para iso. Ela, ao igual que outros, axúdalle a estes rapaces que non poden permitirse pagar unha profesora particular, e faino altruistamente, pero todo ten as súas lagunas. Por iso acordei con ela que cando eu estivese por alí os axudaría sen problema, para que así os rapaces poidan realizar todas as súas (abusivas) tarefas. 

Deixando a un lado o tema de deberes máis ou deberes menos e volvendo a centrarme na tecnoloxía, estou totalmente a favor do seu uso na escola (como xa teño dito) pero tamén na casa, tanto por mandato do profesor como por propia decisión para buscar información ou seguir aprendendo en páxinas que temos visto como a Khan Academy. Estes medios poden ser moi beneficiosos para o desenvolvemento do aprendizaxe do alumno, xa que lle chaman máis a atención (polo simple feito de que viven rodeados de estímulos e este sería un estímulo máis) e poden ser máis divertidos que pasarse unha tarde facendo unha multiplicación tras outra nunha folla de libreta.

Ohmyphone, o blog de tecnoloxía de Orange móstranos máis APPs aínda na seguinte ligazón: 

http://ohmyphone.orange.es/android/aplicaciones/de-vuelta-al-cole-3-0-diez-aplicaciones-educativas.html

Espero que vos gustase e anímovos a dar a vosa opinión!

Sandoval, A. (2015) Francesco Tonucci: Los deberes son una equivocación pedagógica y un abuso. La Voz de Galicia. Consultado o 10 de abril de 2015 en http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2015/04/07/deberes-equivocacion-pedagogica-abuso/00031428264968120321927.htm

Martínez, G. (2014) 5 vías de hacer más divertidos los deberes en casa. Consultado o 11 de abril de 2015 en http://www.nerdilandia.com/5-vias-de-hacer-mas-divertidos-los-deberes-en-casa-infografia/

Comentarios

  • Isabel Gulías Sieiro

    Hola Carla ! Me ha gustado mucho esta entrada y tu reflexión.  

    El tema de los deberes parece que suscita mucho interés estos últimos meses. Hace poco escuchaba una noticia a cerca de un nuevo modelo pedagógico que los Jesuistas han empezado a implantar en Cataluña, en el que, a parte de eliminar deberes, también se eliminaban exámenes y horarios.Está claro que en nuestro sistema educativo algo no va bien, y debemos de buscar la forma de motivar a los alumnos haciendo que la escuela para ellos no sea algo obligatrio, aburrido y pesado. Es aquí, a mi parecer, dónde la tecnología tiene su función, pero como tú bien dices, los docentes deben de darle un uso adecuado, y no utilizarla como si fuese una barrera para los alumnos, complicándole más sus tareas. A mi parecer tenemos las claves del cambio y el progreso a nuestro alcance pero debemos de saber cómo usarlas para que tengan éxito !

    Por si te interesa aquí te dejo el enlace a la noticia de los Jesuitas : 

    http://www.eldiario.es/sociedad/jesuitas-asignaturas-examenes-horarios-colegios_0_363263834.html

  • Carla Vázquez Formoso

    Gracias Isa, non oira falar desa iniciativa asi que sin duda me poño a ler o artigo! 

  • Andrea Iglesias Morenza

    Me parece muy interesante este tema. En mi opinión, pienso igual que vosotras. Sin duda, la tecnología debe ser un punto neutro. Con esto me refiero a que no se debe utilizar como la única opción, es decir, que siempre sea un apoyo en la educación, para así no crear esas desigualdades que nombras en la entrada. Pero eso si, creo que para estos años que entran, el dominio y uso de la tecnología es un papel primordial en el mundo educativo!

    Muy buena entrada Carla :)

     

  • Sabela Corral Álvarez

    Unha entrada xenial Carla, comparto todo o que expuxeches na mesma.Como di o refrán para gustos colores, cada docente declinarase máis por un estilo de ensinanza que por outro. Eu dende logo considero que nin é boa unha ensinanza basada no sistema tradicional nin unha na moderna ao igual que nin é bo unha saturación de tarefas nin todo o contrario . Con isto quero decir que debemos utilizar os puntos fortes de cada unha para motivar aos rapaces, falando por experiencia propia a todos nos resultaba máis atractivo realizar as tarefas no Microsoft Word que na folla de toda a vida.

    No que se refire as novas tecnoloxías, en primaria eu xa contaba con unha materia de Informática.Creo que enviarnos deberes sobre a mesma non era necesario pois xa facíamos uso dos ordenadores sin que ninguén nos mandara, pero si estaría ben que nas escolas non só nos ensinaran a utilizar os programas de Microsoft Office senón que se centrarán en educarnos baixo técnicas para o uso positivo das mesmas.