Creative Commons

Dende que entramos por primeira vez en contacto cas novas tecnoloxías, sobre todo con internet, guiámonos por aquelas persoas que tiñamos mais preto e que tiñan mais coñecementos e experiencia delas que nos, accedendo a páxinas que nos recomendaban e empregándoas dunha forma que tamén nos transmitían estas persoas. Este comportamento fomos levándoo a cabo ao longo do tempo ata que, unha vez adentrados na materia de Tecnoloxía Educativa e tratado o tema dos Creative Commons e dos dereitos de autor, nos decatamos de que moitas das nosas accións están ou foron erróneas, sobre todo no que se refire a descargar películas, música, empregar imaxes da rede,... este descoñecemento pola nosa parte de innumerables aspectos propiciou que empregáramos información da forma mais rápida e doada posible pero sen ter o coñecemento de que existen noemas que determinan o uso de dita información.

Na rede todo o que nos mostra, ou case todo, está ao noso alcance de poder darlle un uso ou outro pero, ¿temos o coñecemento de cómo podemos sacar proveito disto?. A isto refírome con facer un uso responsable e beneficioso para ambas partes, a nosa e a do creador/a de dita información.

O seguinte enlace pertence a unha páxina web sobre as Creative Commons, nela temos información acerca delas , en que consisten, cales son as filosofías na rede sobre o coñecemento e fomento da cultura ou o seu carácter pechado e/ou aberto.

http://es.creativecommons.org

Ademais, engadir aquí unha páxina web mediante a cal podedes acceder a páxinas nas cales se pode dispoñer de contidos Creative Commons:

http://www.makeuseof.com/tag/14-websites-to-find-free-creative-commons-music/

A modo de conclusión, debemos de reflexionar acerca das accións que cometemos na rede e sobre todo na adquisición de contidos, poñernos lugar do outro e sacar as nosas propias conclusións.