Reflexión

Na clase expositiva desta semana recibimos unha visita que non pasou de largo para min. Pareceume realmente interesante que viñese unha mestra de infantil para contarnos cómo conta ela os contos. Mentras nos ía falando, no que máis pensaba eu era no meu Practicum I, xa que a miña titora permitíame contarlle contos aos nenos sempre que quixese.

Sendo sincera, gustoume moito máis cómo contou o segundo conto (que en teoría, iba dirixido a máis maiores) e o primeiro que sería dirixido aos meus pequenos. Pode ser que fose o contido do conto, que o primeiro non me pareceu moi interesante e o seguinte sí. Destaco sobre todo a utilización dun simple recurso: o propio conto. Non se precisa nada máis. E desde logo, todo o que se pode traballar con el: a portada cos seus autores, a editorial, as imaxes que se verían despois de contar o conto para que os nenos e nenas se centrasen na propia historia...

Considero que para Educación Infantil sí se debería formar sobre cómo contar os contos, xa que me parece unha actividade imprescindible nas súas rutinas. De momento, a maior experiencia que tiven contando contos foi nese único Prácticum pero de maneira espontánea, como me saía, sen pensar en todos eses aspectos que nos comentou a visita do martes en TIC. Por iso, no seguinte Prácticum terei algún aspectos en conta dos que comentou, que aínda que non en todos estiven de acordo, sí foi interesante escoitar outro punto de vista diferente en relación a Educación Infantil.