Infografía

Infografía  

Comparto con vos a miña infografía sobre os diversos aspectos vistos ata o de agora.

Fago unha primeira referencia no titulo á materia ( tecnoloxía educativa) e posteriormente plasmo o aprendido como un proceso guiado, dende o primeiro momento, pola “Red Stellae”.

Dentro da infografía hai dous grandes bloques, que son:  buscar información e organizar información. Dentro deles desenvolvemos diversos aspectos necesarios para ir avanzando na materia.

Tamén, introducín dentro da infografía a temática do coñecemento e, máis concretamente, coñecemento aberto ou cerrado.

En relación o RSS incluíno nun apartado intermedio entre os dous xerais.

Espero que, se lle botades unha ollada, vos resulte clara. Ademais, como todos realizamos unha gustaríame que opinedes sobre qué máis lle podería incluír.