As redes sociais tamén poden ser boas

Seguindo ca retaíla de publicacións relacionadas coa revista Educacion 3.0 atopeime cun par de publicacións interesantes: Redes Sociales para menores e 5 redes sociales educativas. A menudo, cando falamos das redes sociais solemos pensar en Facebook, Twitter ou Instagram (por citar algunhas das máis coñecidas) e sempre nos referimos ós perigos que estas poden traer para os xóvenes, incluíndo privacidade ou chatear con xente perigosa. Tratamos o tema de ensinarlles aos rapaces que deben ter coidado cando están ao redor destas redes pero nunca nos plantexamos que poidesen ou poidésemos interactuar en outras que poden ser perfectamente válidas para un fin educativo tal como é esta Rede Stellae na cal nos atopamos. 

Chego a falar así dunha serie de redes sociais que esta revista nos trae, dende redes sociais para menores ata universitarios: 

En concreto sorprendeume moi gratamente The Capsuled xa que se trata dunha rede na cal as persoas poden compartir os seus coñecementos en diversas áreas (nas cales se inclúen as TIC e a Pedagoxía). Isto fano publicando cápsulas, permitindo que che guste unha cápsula, gardala, compartila ou comentala. O xeito que ten de organizar os contidos recórdame bastante a Flipboard ou Pinterest, páxinas que xa vimos que se poden utilizar para darlle un pouco de forma á todos os contidos dixitais e información que nos podemos atopar na rede. 

Ligando isto a outra entrada, a dos deberes, considero que moitas destas redes poden axudar aos profesores, alumnos e familias en xeral a que os rapaces se sintan máis atraídos cara algunhas áreas que lle poden resultar aburridas nas escolas. Aínda así, entre estas redes e as moitas outras aplicacións que xa falamos, so estamos ao tanto dunha pequena porcentaxe do que en realidade nos podemos atopar na rede. Isto, nos casos dos docentes máis perezosos no ámbito das TIC, poderiase volver un problema, xa que a gran variedade e o non saber por donde empezar pode ser un inconvinte para eles para decidirse a comezar a usar algunha delas. Pero claro, tamén pode ser, para os botados para diante, unha gran vantaxe, podendo escoller as que máis se adecuen ao seu cometido. 

Podedes ir cotilleando por aí para ver as diversas redes que hai, e estas só son unhas poucas, se se algunha vos chama a atención comentádeo! 

Revista Educación 3.0 (2015). Datos recuperados dos seguintes artigos o 11 de abril de 2015: http://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/5-redes-sociales-educativas/25272.html http://www.educaciontrespuntocero.com/familias-2/redes-sociales-para-menores/23655.html

Comentarios

  • Silvia

    Na miña opinión que se fomente o uso das redes sociais dende idades moi temperás na escola axudaría a que os alumnos adquiriran competencias de uso como as que mencionaches pero tamén máis faclidade para interactuar e compartir información cos demáis. As redes sociais teñen moitas máis posibilidades das que habitualmente lles recoñecemos, por exemplo é unha ferramenta estupenda para buscar traballo, curss formativos, información sobre determinados temas.

    Sería convinte para iso formar os mestres para que sepan que é o que deben ensinar e cal sería a metodoloxía adecuada para iso, xa que si non nos plantexamps formar ós docentes antes de introducir as redes sociais, non lograremos conseguir todos os efectos positivos que buscamos.