Un pequeno acercamento á Wikipedia

A Wikipedia é uha wiki, un software aberto que nos permite facer un traballo colaborativo e neste caso é aberto a todo o mundo, e traballa como enciclopedia. Hoxe en día forma parte de Wikimedia que é unha fundación que se financia a través de doacións. Nace antes da web 2.0 onde pasamos de ser observadores da rede a aportar e  crear na rede. Está aberta para que calquera a poida editar (sexa a información falsa ou non se poida acceder a un enlace, por exemplo). Naceu na idea de enciclopedia libre onde todos poidamos aportar nela para facela máis rica e variable. En 2.001 créase a tecnoloxía Wiki para que todos poidamos aportar información nela. Calquera pode editala, é de contido libre, fácil de colaborar, cada páxina ademáis do traballo ten a súa discusión, hai un historial dos autores aunque de forma anónima se pode colaborar, contan con normas de uso propia tendo en conta os diferentes puntos de vista etc pero o seu obxevtivo utópico é recopilar todo o coñecemento humano e poñelo ao alcance de todos sen limitacións.

Fan unha campaña para que todos traballemos na wikipedia  e todos editemos cas ideas de que o coñecemento é global e libre, porque o que se escribe en Wikipedia é leído e empregado e porque todos sabemos máis do que cremos. 

É unha enciclopedia que conta cun sistema de filtro ou onde os usuarios editan a información errónea ou os vandalismos.

 

Comentarios

  • Silvia

    Paréceme moi interesante a idea de que sexa unha enciclopedia na que todos podemos colaborar para aportar coñecementos. Pero isto tamén presenta o risco de que non todas as persoas que suben información teñen os coñecementos suficientes para estes temas.

    Un dato que descoñecía acerca de wikipedia e que existan grupos de discusión sobre cada un dos temas.

  • Belén Varela

    Pois a verdade é que a pesar de que todos temos unha idea de que na Wikipedia a información non é válida e fiable conta con filtros e unha análise da información que se expón nas diferentes páxinas polo cal non é menos valiosa que outras páxinas.