PLE e VLE

Recolectando información para elaborar o meu PLE, atopeime cunha páxina (https://sites.google.com/site/metodoaprendizaje97/home/-que-es-vle-y-ple) na que se plantexa unha diferenciación entre termos que, ao meu parecer é moi interesante. Por unha banda, fálase, por suposto, do PLE, ao que se define como un sistema ou conxunto de estos que serven como axuda para xestionar de modo autónomo o seu propio aprendizaxe, e, por outro lado, introduce o termo VLE (Entornos Virtuais de aprendizaxe)

            Este segundo termo defínese como: espazo con accesos restrinxidos, concebido e deseñado para que as persoas que acceden a el desenvolvan procesos de incorporación de habilidades e saberes, mediante sistemas telemáticos. É dicir, o VLE sería un mecanismo no que as instrucións educativas veñen dadas, sexa mediante plataformas ou aulas virtuais, pero en todo caso estariamos a falar dun entorno deseñado de xeito restrictivo no que o alumno e a súa aprendizaxe son sempre o centro e obxectivo principias da acción.

            Paréceme relevante esta diferenciación posto que, ao meu entender, o PLE desenvolveríase partindo e tendo como orientación principal o VLE pero, á vez este último formaría parte do PLE de cada un dos individuos que fosen membros desas plataformas e/ou aulas virtuais.