Dereitos de autor

Na clase expositiva pasada estivemos falando acerca da diferenza existente entre o Copyright e Creative Commons, polo que decidin buscar pola Internet co fin de encontrar algunha información complementaria e entender mellor os termos presentados. 

De entrada, penso que as licenzas Creative Commons poden permitir un tratamento mellor de todas as producións que se crean, polo que dese xeito deberíase expandir o coñecemento de tales licenzas co fin de facer o coñocemento mais accesible, é dicir, procurar o desenvolvemento dun coñecemento aberto. 

Enton, se as licenzas Creative Commons benefician un maior acceso á información, porque non todas as producción se adxuntan a este tipo? Pode ser que certos creadores de información non queren que as súas producións poidan ser modificadas e usadas libremente? Acaso teñen medo de que outra persoa sepa máis desa temática e a complemente?

Con este tipo de licenzas poderíamos acceder fácilmente a información valiosa para realizar traballos de clase ou obter datos sobre temas interesantes pero dos que non se obtén a suficiente información. Simplemente co feito de facer accesibles ditas producións, constituiría un paso importante para a actual sociedade da información; mesmo esa información nos serviría como fonte para realizar novas producións, empregando así diversos puntos de vista. 

Comentarios

  • Borja Lapido Tubío

    Boa reflexión David, ao meu parecer, e contestando a esas preguntas que nos deixas ahí, penso que todo o producido hoxe en día ten un fín, o de "facer cartos", o de ser un negocio, esa é a razón pola que se un individuo ou institución realiza algunha produción e se os demais queren acceder a ela terá que ser por medio dun pago.

    En canto ao de que se modifiquen ditas producións poderíamos dicir que se ti creas ou produces algo iso adquire pola túa parte un sentimento de pertenza, sendo outra persoa a que modificara a túa produción e perdendo ese inicial sentimento de pertenza en detrimento da outra persoa, ahí cada un entraría no dilema de se permitilo ou non.

    Non penso que a non utilización das Creative Commons na maioría das producións sexa debido a que os autores teñan medo de que outra persoa sepa mais ca eles, senón que considero que realizan estes actos para que os demais non sepan o que eles mesmos saben, para ter o aceso a unha información ou produto dende unha posición privilexiada e privada, como pode ser o exemplo da sempre recordada "fórmula da Coca-Cola".

  • david reboredo gutiérrez

    É certo o que expresas de que se outra persoa modifica unha produción túa, debido a que dita produción modificada xa non resultaría case como propia. Pero por outra banda, o coñecemento que se produce nunca é definitivo, sempre hai algo que se poida mellorar, xa non centrándose no contido que se trata, senón que a forma na que se escribe ou a ortografía non sempre é a correcta; non temos a capacidade para saber como debería ser a forma correcta de escritura, polo que as modificacións realizadas por outra xente, poden ser valiosas nese sentido. Obviamente depende de calquera persoa permitir que modifiquen a súa propia produción, pero considero que a través do que opinan outras persoas se eriquece mais o contido da información, ademais de que se fomenta un tratamento libre do coñecemento.