As Wikis

Como puidemos ver na clase interactiva, as Wikis están máis infravaloradas do que realmente se merecen.

Desde o meu punto de vista antes desta aclaración na aula, a consulta destas páxinas onde calquera de nós podería subir unha entrada de coñecemento, era case nula, xa que a desconfianza da fiabilidade que podía ter era maior que a curiosidade por saber a orixe. 

Asemade, non me parecía correcto empregar unha destas páxinas como fonte real para un dos traballos da facultade, xa que moitas veces me teñen avisado, en niveis inferiores, que tivese moito coidado co publicado en certos enlaces tales coma este. 

Pero ahora penso, por que ten que ser malo consultar o coñecemento libre que se nos presta desde estas páxinas? Expertos coma podemos ser nós, en certos temas, teñen a necesidade ou cren convinte compartir con todos a información que posúen. Da mesma maneira, algúns destes autores están recoñecidos e totalmente apoiados polas bases das páxinas. Temos que ter en conta a cantidade de idiomas e temas tratados así como a variedade de puntos de vista sobre un mesmo tema ou transversais que se nos pode ofertar. 

Do mesmo xeito, nunca me imaxinei que, detrás de cada publicación, se escondía unha seleción xa persoal do autor e, tamén, un control estricto por parte dos coordinadores de Wiki.

Debemos pensar que cada un de nós podemos aportar moitos datos e coñecemento significativo a outras persoas interesadas que consulten estes determinados enlaces. Se hai tantos anos que existe e sigue ahí, ademáis de manterse firme antes todo tipo de críticas, temos que pensar que o punto de fiabilidade vai en aumento.

Creo, ademáis, que é unha actividade tal como este Blog que estamos a compartir na aula. Todos podemos dar os nosos puntos de vista e poden ser ricos para os nosos compañeiros, do mesmo xeito que as súas publicacións ou marcadores poden axudarnos na pescuda de información ou, incluso, á hora de abrir horizontes dentro das nosas interpretacións subxectivas e cerradas. 

Polo tanto, aínda que non estou moi segura de estar lista para poder compartir coñecemento co resto do mundo, si serei máis receptiva á hora de ler, comparar e citar artigos colgados na rede e máis concretamente, dentro destas plataformas de coñecemento totalmente aberto. 

E que opinades? Credes convinte que todo o mundo poida compartir as súas experiencias dentro da Internet? Estariades dispostos a facelo? Que controles credes que pasa cada un dos artigos que nós lemos? 

Comentarios

  • Isabel Gulías Sieiro

    Ao igual ca ti Lucía eu tamén descoñecía que as wikis puideran ser páxinas tan fiables! O feito de que calquera puidera subir información sempre me botou un poco cara atrás a hora de usar a wikipedia como fonte principal para os meus traballos. Ahora, chegado o momento de ser nós os que temos que elaborar a información, podo comprobrar cómo estas páxinas realmente son fontes fiables e que non merecen  o desprecio que moitas veces lle damos. 

  • Sandra Morandeira

    La verdad es que Wikipedia no suele estar en la Webgrafía de mis trabajos, una de las razones es, como comenté en otras ocasiones, la insistencia de algunos/as profesores/as en que esto sea así. Antes de entrar en la carrera, solía buscar mucho en ella, pero cada vez lo hago menos por ese motivo, porque tiene fama de ser poco fiable. 

    Después de la interactiva comprendí que no era así, que puede ser tan fiable como otras páginas (me sorprendió gratamente que hubiera tantos controles internos). Por lo cual, pienso volver a aumentar mis búsquedas en ella y, contestando a tu pregunta, no descarto la idea de compartir mis conocimientos en ella.

    Por último, decirte que sí que creo que está bien que la gente pueda compartir sus experiencias dentro de Internet, siempre que lo haga de una forma responsable.