Ebooks, libros en aumento

 

Fai un par de anos tiven a sorte de que por nadal me regalasen un Kindle. Son unha persoa que leo moitísimo, tódolos días pódese dicir, e cando era pequena a moitos nenos seus pais intentábanos obligar a ler máis; a min miña nai berrábame por ler tan rápido, xa que o presuposto para a compra de libros non é infinito! 

Os Kindle como sabedes son libros electrónicos, en concreto lanzados por Amazon, xa que eles son un dos maiores proveedores de libros electrónicos, pero esa é outra cuestión. Para min foi un dos maiores descubrimentos que fixen, xa que me permite ler infinidade de historias e almacenalas en moi pouco espacio físico, aínda que no meu caso, como é de gama baixa por así dicilo, teño que estar vaciándoo cada centro trinta libros aproximadamente, xa que se enche a memoria. Aínda así encantada de la vida estou con el! Ligándoo co tema da piratería, non vos vou dicir que son unha persoa totalmente honesta que descargo legalmente tódolos libros que leo, pero qué se lle vai facer, rica non son! Pero, non son unha partidaria cega 100% a este tipo de dispositivos, xa que, sobre todo os libros para nenos necesitan ser en papel, xa que conteñen debuxos, viñetas, distintas texturas e incluso figuras en tres dimensións que eles necesitan e queren ver para verse metidos na historia. E non só os nenos, tamén eu, xa que por exemplo, Dejar de amargarse, para imperfectas é un libro que teño en papel, xa que se atopa a medio camiño entre un comic e un libro "normal, e leelo no Kindle sería inviable. 

Tal e como se ve na imaxe, un pódese queimar e outro pódese apagar, asique o mellor para nos será ter ámbolos dous formatos nas nosas casas e nas futuras aulas nas que traballaremos, xa que dende o meu punto de vista unha das cousas máis importantes que debe ter un neno é un libro. 

Todo isto ven a que, o luns tomando un café, cadroume de ler no periódico El Correo Gallego un artigo sobre este tipo de dispositivos: El libro electrónico duplica títulos en Galicia mientras cae en España. Esta afirmación sorprendéume moitísimo. No artigo fálase de cómo o sector editorial ten que facer fronte ás novedades tecnolóxicas que nos rodean últimamente e, capear o temporal, tal e como eles din para que pare o peche de editoriais e a industria poida seguir aguantando. O problema din, neste caso editoriais Galegas, é que Amazon ou Apple copan o mercado mundial de venta de libros online, enchendo tamén o galego, polo que, facerlle fronte a isto ten un custe que moitas editoriais non poden afrontar. Eu non entendo moi ben iso, o custe dun libro electrónico non debería ser moito menor que o de un libro en papel? Porque moitas veces atópome con que a diferencia só son dous ou tres euros. Non sei se a SGAE está metida nisto, pero, con tanta subida de prezos o que fan é que a xente lea menos, non máis, e non deixan que nos aprobeitemos destas novas oportunidades que a tecnoloxía nos ofrece. Se os ebooks valesen catro ou cinco euros? Unha servidora abandonaría a piratería. Pero xa vos digo que eu non entendo dese mercado e das decisións que nel se toman. 

 

Como o tema me chamou a atención decidín indagar un pouco máis no asunto, e atopeime cun artigo que o blog Matherea publicaba o ano pasado sobre a Tendencia actual do libro dixital. Establece que se venden 150 libros dixitais por cada 100 libros en papel, datos de Amazon. Non vos parece esto increíble? Quitando os que xa vos dixen qe deberían venderse en papel, moitos outros non terían porque e sería moito máis cómodo, sobre todo coas opcións de subrayado ou inclusión de notas que estes dispositivos inclúen. Déixovos a continuación o esquema que eles mostran sobre o Presente e futuro do libro dixital: 

Por último dicir que, cantas familias non se verían beneficiadas se os libros obrigatorios de lectura da ESO en galego e castelán se poidesen descargar dunha forma asequible na rede? Eu creo que moitas!

Tendes un Kindle algún de vos? Que opinades deste mercado emerxente? 

Os artigos cos que traballei son os seguintes: 

http://matherea.com/tendencia-actual-del-libro-digital/ 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/libro-electronico-duplica-titulos-galicia-mientras-cae-espana/idEdicion-2015-04-13/idNoticia-926029/

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Moi boa entrada Carla! Lendo o que nos escribiches aquí, parece que o libro electrónico se pode converter nunha ferramenta importante para o aforro de diñeiro na compra de material escolar, cando menos en canto aos libro de texto. Como ti ben dis, penso tamén que é importante empregar este tipo de tecnoloxía xunto cos libros convencionais, para obter un contraste entre o que supón a utilización de un e outro. 

    Agora ben, ¿como evitar que a existencia de tales libros dixitais acaben co libro tradicional? Se a descarga dun determinado libro é máis barato que a compra da súa edición en papel, todos nos decantaríamos por realizar dita descarga. Probablemente ocorra así coa maioría de libros, polo que as edicións en papel condenaríanse á súa desaparición. Deste xeito as editoriais terán que adoptar medidas que favorezan o impulso das súas vendas. A baixada de prezos sería unha boa opción, sempre e cando a marxe de beneficios exista, aínda que ditos beneficios se reduzcan. Tamén se pode obter por adoptar outras medidas, como a utilización de materiais reciclados, que ademais de seren máis baratos, favorecen o coidado do medio ambiente. 

    No que respecta á pregunta que fas, non teño dito aparello tecnolóxico e sendo sinceros a lectura de libros tampouco é algo que me apasione, sendo máis frecuente a lectura das noticias de prensa como modo de informarse do que sucede na sociedade. 

  • Carla Vázquez Formoso

    Penso que tal e como ti dis David por ser moi fácil que o libro tradicional se acabe esgotando así de un plumazo, pero o mercado sempre pode ofrecer estratexias para que isto non ocurra e os consumidores sigamos comprando tanto libros electrónicos (son o futuro aínda que non nos guste) como libros en papel. Quero dicir, eu prefiero mil veces comprar ovos da casa un pouco máis caros que ir ó supermercado e compralos de granxa todos paliduchos, no mercado hai sitio para todos se nos sabemos organizar ben! 

    E en canto á lectura de novas de prensa, a verda de é que me acostumbrei a ler os titulares por Twitter e se algún me interesa abrir a noticia, pero, se vou a unha cafetería pola mañá, o máis normal é que busque un periódico en papel!

  • Belén Quintana Río

    Creo que pienso como tú Carla. El libro electrónico está lleno de ventajas para la gente que acostumbra a deborarse historias (no es mi caso), por ejemplo el espacio que te permite ahorrarte y, como tu dices, hacerte con ellos de una forma más barata y asequible a todo bolsillo, gracias a la piratería. Yo no soy una enorme entusiasta de la lectura, pero siendo sincera, cuando leo me gusta hacerlo en papel. Sobretodo al tratarse de textos muy grandes como pueden ser un libro o un extenso artículo prefiero el papel por el siemple hecho de que parece que se me cansa menos la vista, las pantallas del ordenador y la tablet me destrozan los hojos si paso muchas horas pegada a ella. No sé si las pantallas de los Kindle son diferentes, en ese caso podría intentar acostumbrarme. Por otro lado, soy consciente de que esta nueva tecnología pisa fuerte y que en un futuro es más que probable que todos tengamos uno, sobretodo las generaciones más nuevas.

    Pensando en la escuela, lo veo como un buen elemento integrador si las editoriales sacasen los libros académicos en este formato ya que permitirían ahorrarse mucho dinero a las familias (aclaro, que también estoy de acuerdo contigo en que el precio debería ser MUCHÍSIMO mas bajo). Aún así creo que estas tecnologías podrían utilizarse en edades avanzadas como el segundo cilo de la ESO o Bachillerato, ya que creo que a edades tempranas es necesario sentir y experimentar con un libro en papel.

    Ojalá se logre un equilinrio entre ambas y no desaparezcan los libros en papel. Para terminar solo añadir que me gustó mucho la entrada, creo que es un tema muy presente a debate en la actualidad! :)

  • Carla Vázquez Formoso

    Si que son diferentes, non teñen ningún tipo de brillo e intentan parecerse o máximo a unha páxina en papel para que o cansancio da vista sexa mínimo! Ademais coa opción de ampliar o tipo de letra e demais á larga faise máis cómodo. 

  • Borja Lapido Tubío

    Boas Carla, como fixeras "publicidade" deste artigo teu nun comentario que me fixeras pois que menos que leelo e deixarche algo por aquí, aínda que, iso si, con un pouco de tardanza.

    Paréceme un artigo que elaboraches de forma xenial, sobre todo dende o teu punto de vista de lectora case empedernida, cousa que me parece xenial pero que no meu caso non é así (ten que haber de todo neste mundo, jeje). Aínda que no meu caso os libros que teño son todos de papel, tanto adquiridos por min como os que sempre estiveron na miña casa, teño xente na miña casa que emprega e-book e se che digo a verdade mais de unha vez o empreguei só por curiosidade e é unha ferramenta xenial, como comentabas ti, en canto ao almacenamento da moitas facilidades e ademais é moi doado para transportalo, en vez de cargar con uns 10 libros ou mais.

    No relativo ao das descargas dos libros en formato dixital e o aspecto económico teño a mesma idea ca ti, xa que penso que se son noviddades teconolóxicas para facilitar a vida dos lectores, neste caso, pois que menos que teren prezos razonables e que che motiven a mercalos e empregalos; tamén relacionándoo a isto o dos materiais escolares, xa que a situación económica de tantas familias se vé tambaleada cada comezo de curso e isto sería unha gran axuda para estas familias.

    Para concluír dicir que a imaxe que puxeches ao comezo do artigo fíxome moita gracia e ademais é totalemente o reflexo dos dous grupos de discusión que poden surxir desta temática, os pro libro dixital e os pro libro de papel, e digo eu, e se dende as administracións e editoriais (tanto grandes coma pequenas) fixesen todo o posible para que ambos formatos se complementen en vez de querer eliminarse o un ao outro? Se conservamos ambos creo que todos saímos gañando e ambos teñen lugar a ser empregados e as súas utilidades específicas.

    Moi bo artigo Carla, este tema seguramente sexa tratado durante moitos anos tanto aquí como noutras plataformas, o que indica que será un aspecto que a educación deberá tratar con maior importancia da que se lle dá actualmente.

    Un saúdo.