Esa gran (des)coñecida: A Wikipedia

A día de hoxe pode ser una das cousas da que mais me cambiou a miña perspectiva acerca dela, falo da Wikipedia. Recoñezo que en moitas ocasións me teño informado nela, pero sempre tendo esa reticencia de estar totalmente seguro de si esa información aí presente sería axeitada ou “fiable”, servíndome dela só para orientarme sobre un tema ou darlle un moldeamento a algún concepto. Isto era debido a que tiña o coñecemento de que na Wikipedia calquera podía escribir e modificar artigos editados nela.

Sen embargo, tralo achegamento feito hoxe na sesión interactiva da materia, xa teño una visión mais clara e precisa do que en realidade sucede nesta wiki. As revisións que nela se fan son constantes e atópanse erros moi dificilmente. Por medio da colaboración altruista de moitos usuarios conséguese isto, controlando, repasando e considerando os contidos; ademais da colaboración dos usuarios está todo ese persoal que se agocha detrás da “maquinaria” que fai que Wikipedia exista e se desenvolva.

A Wikipedia é un claro exemplo de colaboración, cooperación e construción conxunta de contidos e coñecemento, fomentando unha cultura mais específica como a das Creative Commons e contrapoñéndose dun certo modo aos dereitos de autor (aínda que quede rexistrado en cada entrada da Wikipedia un nome ou unha direción IP), pero sendo en todo caso a finalidade destas persoas a de compartir cos demais.

A concepción da Wikipedia na sociedade actual, na miña opinión, está forxada no descoñecemento da mesma e nos estereotipos, sen ter un coñecemento en profundidade da mesma. Empregar a Wikipedia directamente na bibliografía ou webgrafía de algñun traballo non é o axeitado, pero si a consulta das fontes de referencia que nela aparecen.

Deberíamos buscar, dende o punto de vista da docencia, relacionar esta filosofía de traballo nas aulas, que o alumnado fora o que constrúe o seu propio coñecemento e así chegar a verdadeira aprendizaxe significativa.

O traballo levado a cabo por todos os que colaboran de forma gratuíta é admirable, e agora imos nós, alumnos de Tecnoloxía Educativa, a colaborar nesta mesma misión na versión galega, a “Galipedia”, esperando que teñamos todos o maior éxito posible e non intentar facer ningunha “avaría”.

Moita sorte a todos!!