Escola 2.0

Este dia buscando información para outra materia  dentro do Ministerio de Educación , descubrín un proxecto levado a cabo polo mesmo en colaboración con profesores, centros e empresas de comunicación. Este proxecto denominase ESCOLA 2.0, está completamente relacionado coas tan comentadas TICS xa que consiste na integración das mesmas nos centros educativos co fin de que cada alumno poida usar un ordenador portátil. Este programa non so pretende facilitar o uso e conectividade dos alumnos senón dotalos de recursos tecnoloxicos considerando as TICS un máis a disposición do alumno.

A iniciativa que leva a cabo este proxecto faime botar a mirada atrás e pensar de novo na cantidade de  información que achega a integración das TICS ao alumno e polo tanto a necesidade de que este sepa buscar e ordenar de maneira adecuada . Non fai moito escoitei nun programa de televisión a un filósofo chamado Noam Chomsky falando do tema do impacto das novas tecnoloxias na educación e máis concretamente das TICS. Considera que para facer un bo uso das mesmas é esencial que o alumno teña un bo marco de referencia, donde moverse, buscar información de forma correcta e saber diferenciar a adecuada. Para isto necesita alguén que lle ensine e aquí o protagonista pasa a ser o docente que debe dirixir ós alumnos por medio de una boa metodoloxía de busca. .Ao haber tanta información se o alumno non sigue os pasaos mencionados anteriormente non faria máis que prexudicalo xa que pode almacenar una realidade  que non sexa a  correcta.

O que está claro é que cada vez se están levando a cabo máis iniciativas para integrar as novas tecnoloxias nos sistemas educativos, xa non só por parte de algún docente senon dende o popio Ministerio. Non cabe duda de que o seu uso é un bo recurso sempre que se utilice de forma adecuada pero... están os profesores capacitados para poder educar con este sistema de ensinanza?Non debería o ministerio de igual forma invertir na formación dos docentes?

Dende o meu punto de vista antes de promover e fomentar tanto o uso das novas tecnoloxías na educación,deberian  realizar periódicamente cursos de formación para os docentes donde estes aprenderán a educar ós alumnos sobre as mesmas.Despois de informarme sobre este proxecto quedoume claro que todos somos conscientes de que as novas tecnoloxias están invadindo a sociedade e de igual forma a eduación, pero como podemos saber con certeza que sexa de forma positiva ou negativa?Dende que pasamos por esta situación de crise este proxecto deixouse a un lado por falta de recursos económicos, como lle afectará isto ós nosos alumnos?

 

 

 

Comentarios

  • Silvia

    Comparto completamente contigo a opinión de que, para que este proxecto sexa efectivo debería facerse incidencia na formación do profesorado, xa que se non formamos ós docentes nas novas tecnooxás e nas novas metodoloxías que pretendemos que apliquen, os recursos caerán en saco roto e non se lle sacaran todo o partido que se debe! Un saíudo !

  • Carla Vázquez Formoso

    Non oíra falar desta iniciativa a verdade, debe ser que ó norte non chegou! Creo que non sabemos se esta incidencia é positiva ou negativa en algúns casos, pero o que si podemos é facela positiva educando aos docentes tal e como vos dicides, para que estas tecnoloxías teñan un bo uso nas aulas.