"Educar a mirada"

Na actualidade o sexting, as selfies e o liffelogin son prácticas sociais que están de moda pero... é iso unha representación nosa? Dende o meu punto de vista e despois do que debatimos na aula só estamos dando a coñecer de nós o que nos interesa polo cal a nosa imaxe dixital non é completa. Hoxe en día co simple feito de subir unha foto a unha rede social empregamos aplicacións con filtros, eliximos as fotos que dende o noso punto de vista é nas que mellor saímos... NON SOMOS NÓS!

Hoxe en día a imaxe afectanos á hora da nosa visión do mundo tanto no relativo ao estándar de beleza actual, os estereotipos negativos de xénero, raza, clase social.... e non fai falta que rebusquemos xa que con un ordenador conectado á Rede ou ver os anuncios na televisión xa podemos observar cómo a tecnoloxía cambia a nosa forma de ver o mundo, a nosa ideoloxía, os nosos pensamentos, os nosos sentimentos..etc en certo modo xogan con nós coma bonecos facendo que nos acostumbremos a malas prácticas como a violencia, a agresividade e iso non é xusto!

Creo que debemos facer un uso da tecnoloxía tamén como medio de debate social ou de crítica hacia todas as prácticas das que falei anteriormente que nos están cambiando como persoas.

Comentarios

  • Nuria Rodríguez

    Estou de acordo contigo Belén. Eu creo que as tecnoloxías hasta certo punto nos están corrompendo pois de maneira xeneralizada para min o virtual non é real pois con actos como ti expuxeste de escoller as mellores fotos, utlizar filtros... o que estamos creando é unha identidade dixital falsa pois non é a nosa en realidade. Por iso estou contigo en que debemos facer un uso da tecnoloxía crítico.

  • Raquel Vázquez

    Estou moi de acordo contigo e como ben dixen nunha entrada pasada na rede non somos nos, senón que temos un personaxe virtual  que varia moito da realidade. Creamos a personalidade que queremos que os demais vexan de nos, subimos as fotos na que saimos ben, compartimos cousas que provoquen eloxios pero non críticas, etc. Dende o meu punto de vista a  tecnoloxía é unha ferramenta que nos pode axudar no noso día a día pero sempre que o fagamos dun xeito responsable e crítico.