Creative Commons

En relación a pasada clase expositiva do 7 de Abril, gustaríame falar algo acerca do Movemento do Creative Commons(CC). Como xa dixen no seu momento, o intenso debate entre se coñecemento aberto ou coñecemento pechado xera como unha especie de bandos.

Dentro do coñecemento aberto, xorde a necesidade de protexer a autoría da información compartida desta nova forma. Aquí é onde xorden os Creative Commons, ofrecendo diversos tipos de licenzas gratuítas na web.

Desta forma, as persoas que queiran compartir o seu coñecemento dunha maneira máis aberta dentro de Internet poderán botar man deste recurso por medio dun logo que proporcionarán unha vez respondidas varias preguntas en relación ós seus intereses. Os logos posibilitan poder darlle un uso comercia, poder reutilizar a información, podela empregar para calquera cousa, etc.

Persoalmente, considero que é un recurso interesante e non moi coñecido que debería estar a disposición de todos os usuarios da rede como alternativa intermedia ó Copyright e ó movemento Copyleft. Ata esta clase, descoñecía por completo o uso e aplicación dos Creative Commons.

Buscando información en Internet atopeime cun artigo moi interesante de Juan José Leiva sobre El docente ante las licencias creative commons: implicaciones educativas en la escuela 2.0.(!)

Este fala de que é necesario un coñecemento informático a través das TIC como ferramentas fundamentais en todos os niveis de ensinanza.

Máis adiante, fala dos CC como recurso importante para o decente como creador e produtor de material multimedia e virtual interactivo. Desta forma, continúa mantendo a propiedade intelectual da creación do docente pero crea a posibilidade de poder compartilo dunha forma aberta.

Estes CC facilitan tanto a innovación como a colaboración, polo que son un recurso importante nesta sociedade actual onde nos atopamos interconectados. Considero que poden chegar a ser unha solución interesante para darlle saída a imposibilidade de compartir información necesaria sen custo algún.

Anímovos a ler este artígo xa que posiciona ó docente como parte implicada dentro deste mundo. Ademais, sérvenos para ver as vantaxes coas que conta para así, unha vez que sexamos futuros profesionais e teñamos a necesidade de compartir a nosa información, teñamos claro as diversas posibilidades e posicionamentos cos que contamos.

Fontes:

(1)Leiva Olivenza, Juan José. EL DOCENTE ANTE LAS LICENCIAS CREATIVE COMMONS: IMPLICACIONES EDUCATIVAS EN LA ESCUELA 2.0.Teoría de la Educación. Educación y Cultura en la Sociedad de la Información [en linea] 2011, 12 (Sin mes) : [Fecha de consulta: 16 de abril de 2015] Disponible en:<http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=201021400013> ISSN

Comentarios

  • Isabel Martínez Carrera

    A min pasoume o mesmo, ata a clase expositiva descoñecía o movemento Creative Commons. ¿Cantas veces empregaríamos unha imaxe sen pensar na súa autoría? Pero, tamén é certo que se filtramos as imaxes según os dereitos de uso, por exemplo, buscando en Google aquelas fotografías que correspondan a "etiquetadas para a reutilización non comercial con modificacións" aparécen moítimas menos das deseadas. Coido que queda moito por aprender nisto!