Curación de contidos

Na actualidade accedemos a unha gran cantidade de información e de datos, polo que resulta cada vez máis necesario facer unha discriminación dos mesmos. Xorde polo tanto o termo curación de contidos, como un proceso útil para o filtrado, análise e posterior distribución da información.

¿De que xeito ser nos partícipes da curación de contidos? Verdadeiramente penso que non é unha tarefa fácil de realizar, pero si sería interesante obter coñecementos sobre como poder realizala.  O feito de ler un periódico lévanos a acceder a unha cantidade de información relevante pero, ¿Como saber se toda a información que alí se publica é verdadeira? Coido que se debe ter un amplo coñecemento dos temas a tratar para realizar dito proceso de curación de contidos.

Fontes:

Comentarios

  • Nuria Rodríguez

    Penso o mesmo ca ti, David. Na sociedade da información na que vivimos chegamos a un nivel no que estamos contaminados de tanta información. Tamén debemos ter en conta que a información é subxectiva, eu poñería o mesmo exemplo ca ti, no periódico ou en calquera telexornal ou por internet ¿Cómo sabemos que información é verdadeira e cal é falsa? Pódese observar mesmo nos periódicos que segundo a ideoloxía que posúan a noticia estará redactada dunha maneira ou outra.

    Por eso é nesario a curación de contidos que tratamos na clase. Un reto da escola da actualidade ten que ser aprender os coñecementos necesarios para realizar a curación de contidos e ser críticos coa información que manexamos.