Wikipedia ¿fiable?

Na pasada interactiva, o tema principal foi Wikipedia e o seu funcionamento. Para todos era unha páxina xa coñecida incluso, en alguns casos, demasiado coñecida pola facilidade coa que nos ofrece información. Información tan variada e de tantos ámbitos e que nin nos imaxinamos.

Ainda que sí coñecía que se podían modificar, nunca naceu en mín a necesidade de facelo ata que nos vimos na obligación na pasada clase. O que non me podía imaxinar que nos sería tan fácil como nos resultou cambiar certos datos sobre as “competencias básicas”. Non fixo falta nin identificarnos, nin pasar algún filtro…NADA. Alí nos atopabamos, como si de periodistas se tratara publicando unha información, que no noso caso era correcta e basada en fontes, pero que tranquilamente podíamos haber modificado poñendo as burradas que nos apeteceran.

Nace entón a pregunta que penso que a todos nos pasa pola cabeza, ¿é Wikipedia unha ferramenta fiable?. “Pode selo”  é a resposta que dimos a eso, xunto a un “comparando con outras fontes”. Pero en realidade, como calquera outra ferramenta ¿non?. Cando facemos un traballo non nos basamos tan só nun libro, ou nunha páxina web.

O qué esta claro, é que Wikipedia ofrece unha importante cantidade de información, verdadeira ou non. Case calquera cousa que introduzas no buscador, Wikipedia ofrecenos unha inmediata resposta. Na mán de todos está o seu mantemento, que cando observemos un erro animarnos a correxilo ou cando teñamos información que compartir nos animemos a facelo xa que Wikipedia é eso, libre.

Buscando sobre este tema, e en relación o tema da escasa presencia das mulleres no mundo das TIC que tratamos a semana pasada, atopei un artigo bastante interesante. O título é o seguinte: “Los artículos sobre científicas en Wikipedia suponen el 6,7% del total”. Un dato que sacaron á luz durante a Residendia de Estudantes de Madrid do 1º Editatón pola visibilidade das científicias en Wikipedia.

¿En qué consiste ese Editatón? Trátase dun maratón de edición para elaborar artigos novos ou mellorar os que xa existen das mulleres que se dedican á ciencia en España. Unha iniciativa dende o meu punto de vista increíble que considero que outros campos, como o noso da educación, poderían levar a cabo e darlle ese protagonismo a mulleres, actuáis ou da historia, que así o merezan.

A secretaria do Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmén Vela, dí o seguinte durante esta celebración en Madrid:

 "El problema no es ya que seamos pocas, que lo somos, es que además la visibilidad es muy reducida” “de las más de 2.000 catedráticas españolas, hay 60 referencias en Wikipedia” "no parece que esto sea justo".
 

Fonte:

EUROPAPRESS. Los artículos sobre científicas en Wikipedia suponen el 6,7% del total, 2015,  http://www.europapress.es/ciencia/noticia-articulos-cientificas-wikipedia-suponen-67-total-20150417125421.html (consultado o 17 de Abril de 2015)

Comentarios