Vida real e vida online

Hoxe en día, gran cantidade de xente posúe un móbil, unha tablet, un ordenador... con acceso a internet. Con estes dispositivos podemos beneficiarnos porque nos permiten estar comunicados a través de mensaxes ou chamadas, por exemplo; ademais, tamén podemos descargar diversas aplicacións e acceder a redes sociais, nas que se poden compartir, fotos, vídeos, publicacións... entre outras moitas posibilidades.

 

Fai uns días vin este VÍDEO , unha especie de parodia na que se reflexa un aspecto negativo do (mal) uso destes dispositivo e gustaríame compartilo con vós. Este vídeo fíxome reflexionar sobre a cantidade de cousas da vida real que nos podemos perder por un uso excesivo das redes sociais, con isto refírome a que cada día vexo máis fotos de xente que comparte esaxeradamente os diferentes momentos do seu día e da súa vida: comida, compras (de roupa, principalmente), cumpleanos, embarazos, festas, viaxes, ... e, incluso, os máis "íntimos". Crítica e persoalmente, penso que é mellor vivilos e desfrutalos que compartilos. 

 

Por outro lado, gustaríame relacionar este tema cun aspecto citado por Jordi Adell neste vídeo , concretamente cando fala da Cidadanía Dixital, xa que dí que o mundo real e o mundo online se confunden. Isto provoca que as nosas relacións, os nosos amigos e o noso comportamento é igual no mundo real como no virtual. A isto gustaríame engadirlle o problema das "apariencias", por exemplo, de colgar fotos de prendas de roupa de marcas caras, de comidas en restaurantes caros, ... pero ¿cal é a realidade que hai detrás da foto?.

 

En relación a todo isto, gustaríame compartir un traballo de fotografía realizado por Antia Vicente e chamado "BALEIROS", xa que se recollen algúns destes momentos nos que se comparte pero queda o "baleiro" de non desfrutalos. Anímovos a velo!

En resumo e, unha vez máis, debemos ser usuarios críticos e reflexivos antes de compartir!