Deshumanización?

 

Pescudando na rede sobre información acerca das TICs e novos blogs que visitar, atopei esta imaxe que me pareceu bastante significativa. 

A primeira lectura chegou a conclusión de que se trataba dunha esaxeración, bastante ben feita. Pero de súpeto, a miña cabeciña asociou este texto coas películas que a mestra nos aportou na clase, onde vimos que as relacións afectivas coas novas compañeiras de vida, as máquinas, podían chegar a ser máis reais do que pensabamos. 

Aínda así, non puiden deixar de pensar que todo elo son hipótesis, baseadas no apego que actualmente ten a nosa sociedade coas TICs, Apps, etc... Pero, e se chega a ser verdade? E se preferimos a comodidade da nosa casa para nos relacionar vía Internet e deixamos de lado o cara a cara?

Perderiamos as características propias do ser humano: a razón e a relación con outros. 

Que pensades vos? Credes que é posible ou, como penso e quero crer eu, trátase dunha esaxeración máis sobre a nosa dependencia ás novas tecnoloxías?