Pedagogía Red

Botándolle unha ollada a “Cuadernos de Pedagogía” atopei na edición de Outubro do 2014 un novo termo, “Pedagogía Red”.

Neste artigo de opinión da man de Cristóbal Suárez Guerrero falábase de Internet como un entorno educativo diferente, polo que a “Pedagogía Red” busca o marco de representación educativa deste.

Como en todos os ámbitos, é necesario unha Pedagoxía para á acción educativa, e este non ía ser diferente. Aínda que a Pedagoxía é algo máis constante que o ritmo frenético co que conta Internet, falan do necesario de entender e construír unha serie de principios e modelos cos que aproveitar as condicións sociais e culturais que implica aprender e ensinar en Internet. Isto ten relación co que comentábamos noutra ocasión das consecuencias sociais e culturais coas que contan as novas tecnoloxías actualmente.

Debemos considerar Internet como un novo entorno de aprendizaxe, polo que a relación educativa tamén será diferente. Aquí, non só debemos ser meros espectadores senón que se deberán crear formas de acción social na rede.

A miña pregunta é, que condicións sociais e culturais implica aprender de Internet? Esta claro, como vemos actualmente, que as relación sociais varían. Por exemplo, en vez de crear un debate activo na aula sobre o cambio climático, poderíase facer un debate nunha rede social entre diversas aulas do centro. Este sería un dos milleiros de casos que se poderían dar á hora de relacionarse en Internet, pero creo que aínda quedan por ver moitas máis consecuencias sociais e culturais.

Outra cousa que me gustaría destacar e o cambio das oportunidades educativas que presenta esta nova forma de ensino- aprendizaxe. Por exemplo, o amplo número de información que adquirimos das novas tecnoloxías conta cunha grande importancia hoxe en día. O problema xorde en saber facerlle fronte a este novo cambio de oportunidades por medio dunha boa “ Pedagoxía Red” e competencia dixital.

Fontes:

Suárez Cristobal, G. (2014). Pedagogía Red. Cuadernos de Pedagogía. 449, 76-81

Comentarios

  • Ángela Rodríguez Martiñá

    Respondiendo a la pregunta que lanzas en tu redacción creo que sí que se tienen que dar unas condiciones sociales y culturales específicas para que esta pedagogía en la red sea posible. Aunque ya va siendo una realidad, puesto que existen cursos, carreras... que se realizan por medio de la red, pero la brecha digital es algo que está presente y aunque seamos la sociedad de la información y la comunicación , hay muchos colectivos que no tienen acceso a esta información y a estos medios de comunicación, por eso creo que es necesario que esta brecha sea cada día más pequeña para que todos podamos disfrutar de esta "pedagogía red"