As TICS e o TDH boa combinación

Observando na páxina dixital da televisión de Galicia, coa finalidade de buscar unha noticia escoitada o pasado sábado na televisión, encontrei outra que me chamou moito a atención. Observando so o titular, pódemos chegar a conclusión de que esta non ten nada que ver con esta materia, isto pensaba eu pero ao interesarme o tema decidín pinchar e ver o seu contido.

A noticia fálanos da formación de mestres e mestras para atender a nenos e nenas con TDH, tema que ultimamente escoitamos moito nos medios de comunicación, e está moi presentes hoxe en día nas aulas.

O día 13/04, nunha xornada formativa realizada para mestres e mestras elixiuse o mellor proxecto dos sete finalistas, o premiado foi o dun profesor de novas tecnoloxías.

O mestre di que se debe aplicar as novas tecnoloxías aos contidos, cunha metodoloxía manipulativa o cal aumentará a atención nos cativos/as. (intentei buscar información sobre o mestre ou o proxecto realizado pero non fun capaz de encontrar nada)

Estou totalmente dacordo con esta afirmación, xa que, non só nos nenos e nenas con TDH senón nos outros, as novas tecnoloxía desperta a súa atención e motivación polo traballo que a través delas se plantexa.

Considero que esta é unha moi boa técnica para traballar con estes nenos e nenas xa que a tarefa non é tan monótona, como por exemplo unha ficha ou un texto no cal o neno ou nena despistaríase e mesmo non sería capaz de prestar atención a actividade presentada.

Considero que este tipo de mestres/as e de proxectos deberían estar máis presentes nas aulas de hoxe en día sobre todo co aumento deste tipo de trastorno, o cal axudaría ao desenvolvemento da aprendizaxe de todos os cativos e cativas.

Pouco a pouco estoume dando conta da gran influencia que teñen as TICS no mundo da educación e formación tanto dos cativos/as como dos mestres/as.

 

Este é o enlace da noticia:

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-mellor-proxecto-educativo-de-galicia-para-tratar-o-alumnado-con-trastorno-de-deficit-de-atencion-e-hiperactividade-1082288

Comentarios

  • Nazaret Suárez Louzao

    Estou de acordo contigo Sandra, a todos nos motiva mais e todos aprendemos mellor facendo aquilo que nos gusta, que se sae do habitual e que chega a nós de xeito mais lúdico e non tan formal, facendo que poidamos ser nós mesmos os protagonistas e creadores da nosa aprendizaxe e non só meros oíntes.

    Pero sen dúbida, no caso de alumnos con TDH este aspecto cobra aínda maior relevancia. Se o alumno de por sí e incapaz de prestar atención e manterse quieto, mais difícil lle resultará en  situacións que a todos, mais ou menos nos custan. Co emprego das TICs podemos facer que se manteña activo, pero construíndo aprendizaxes. 

    Moi interesante a entrada, Sandra!