Análise do camiño percorrido

Antes de comezar coa refexión considero necesario facer un pequeno resumo dos obxetivos que me plantexei ó comezo de esta materia. Por iso a continuación vou a sinalar os obxetivos propostos.

  • Aprender a empregar a tecnoloxía como un recurso educativo
  • Coñecer novos recursos onde e como atopar a información
  • Aprender a empregar a tecnoloxía de unha manerira productiva, e non facer dela un uso negativo e incluso abusivo
  • Coñecer as tecnoloxías educativas máis importantes que apareceron ó longo da historia co fin de mellorar o proceso de ensinanza-aprendizaxe

Logo deste pequeno resumo podo dicir con seguridade que xa logrei alcanzar os dous primeiros logo do dado tanto nas clases expositivas como nas interactivas. Podo mencionar en este apartado os novos buscadores e metabuscadores que se nos mostratn como dogpile, yippi, dialnet etc, ademáis de ferramentas de búsqueda como os booleanos, as comillas, a busqueda avanzada, google académico etc. a pesar de que ainda queda moito por aprender considero que todos os recursos que antes non coñecia agora me facilitan o día a día tanto á hora de realizar traballo e practicas relacionadas co grao, como á hora de buscar algunha curiosidade pola miña conta na rede.

Ademáis considero que tamén fun capaz de reducir a infosticación propia da rede grazas os marcadores, os RSS e os escritorios dixitas como symbaloo, que me permiten organizar as páxinas e recursos que máis visito na rede para estar informada das súas últimas actualizacións.

No tocante ó terceiro obxetivo proposto considero que nunca serei capaz de alcanao por completo, xa que a rede é un recurso tan amplo que se fai dificil coñecer todos os seus recursos e empregalos de maneira productiva, pero sen embargo, e relacionado co comentado no parrafo anterior, considero que tamén fun avanzando neste obxetivo xa que agora considero que emprego mellor a rede e lle saco moito máis proveito.

Con respecto ó derradeiro dos obxetivos, logo do falado nunha expositiva onde se falaba das antigas tecnoloxías que supuxeron un avance no ámbito educativo, como a pizarra ou o caderno proporcionoume datos acerca do interrogante que plantexo en dito obxetivo.

Para rematar, só cabe dicir que ainda queda moito camiño por percorrer nesta materia, e non sei se o tempo me permitirá lograr alcanzar todos os obxetivos. Pero está claro que os avances estánnahí e sonpalpables.

No meu caso todos os pequenos logros os considero moi importantes, xa que no meu caso partía case de cero, xa que a pesar de ser case unha nativa dixital, case todos os recursos que se nos ofreceron foron novos para min e agora me facilitan o traballo académico e o uso persoal das TIC.