Activista informático

Durante as sesións de clase da semana anterior saiu o nome de Richard Stallman. Buscando un pouco sobre a súa vida atopei información moi interesante sobre el e creo que é unha persoa sobre a que merece a pena saber un pouco máis.

                                                   

Richard Stallman é un programador estado unidense nacido en 1953, e aínda que traballou no MIT e participou en moitos proxectos importantes (un deles foi un precursor da wikipedia) actualmente é máis coñecido pola súa concienciación social e por crear o movemente de software libre.

Creo que resulta importante centrarse nesta parte e falar do movemento de software libre, xa que é un dos principales defensores de que o software deixe de ser privado e poida ser manipulado por calquera persoa que así o desexe, o que o convertiu nun dos principales opositores de persoaxes tan famosas no mundo da informática como Bill Gates ou Steve Jobs.

Esto lévanos a adentrarnos na opinión de Stallman sobre o software no mundo educativo. Stallman(s.d.) defende que o software empregado nas escolas debe de ser sempre libre, e que calquera outra opción é un grave error por parte dos educadores.

En primeiro lugar Stallman(s.d.) di que o uso do software libre vai a supoñer un gran aforro para o sistema educativo público, xa que o software privado soe ser demasiado costoso, sobre todo cando se necesitan tantas licencias como sería o caso dun sistema escolar tan grande como o de Estados Unidos.

Outro aspecto polo que Stallman(s.d.) defende o software libre ante o privado é o da posibilidad de manipulalo. El cree que os alumnos deben de poder investigar o software e manipulalo se así o desexa. O software privado segue un modelo actual que impide modificalo, xa que o software non che pertence oficialmente, tan só é unha licencia que che permite usalo.En palabras do propio Stallman:

“A fin de cuentas, ¿por qué algunos programadores de software privativo ofrecen a las escuelas copias gratuitas de programas que no son libres? Porque quieren utilizar a las escuelas para imponer la dependencia de sus productos, tal como las tabaqueras distribuyen cigarrillos gratuitos a los niños en edad escolar. No entregarán copias gratuitas a los estudiantes una vez que se hayan graduado, así como tampoco a las empresas para las cuales trabajarán. Una vez que uno es dependiente se espera que pague”. (Stallman, s.d.)

 

 Stallman(s.d.) considera que isto limita aos alumnos, xa que non lles permite desenvolver habilidades de programación que poderían ser de gran utilidade nos tempos que corren. Según el, os grandes hackers criáronse modificando software e investigando códigos. Se ahora mesmo non se lles permite acceder a ese código, os alumnos non poderán coñecer como funciona e tampouco poderán adquirir esas habilidades.

O último argumento que da Stallman para defender o uso do software libre é a moral, os valores que deben de impartirse nas escolas. Debe de ensinarselle aos alumnos que se debe de compartir, e isto é moi dificil se para comezar non se comparte o software. “La tarea fundamental de las escuelas es enseñar a ser buenos ciudadanos, incluyendo el hábito de ayudar a los demás. En el ámbito informático, esto se traduce en enseñar a compartir el software.” (Stallman, s.d.)

 Débese de crear unha comunidade colaborativa en torno ao software e non facer un monopolio no cal tan só as grandes empresas poidan acceder a esa información.

Webgrafía:

Stallman, R. (s.d.) “Por qué las escuelas deben de usar exclusivamente software libre” GNU consultado el 11 de julio de 2015 en http://www.gnu.org/education/edu-schools.es.html

 

Comentarios

  • Carla Vázquez Formoso

    Estou dacordo en que debemos, e deben os alumnos, aprender a compartir e a traballar en equipo e colaborativamente, pero iso non ten que ir da man dun software libre. Entendo que Stallman así o dispuxera, xa que, quiras que non é o seu invento e ten que vendelo. Que pode aforrarlle moito ao sistema educativo público? Claro que si, xa que se trata dunha programación libre! Pero, que pasa cando os nenos voltan as súas casas e traballan sobre Apple ou Microsoft?? Iso tamén pode ser un problema, sobre todo se avanzamos no rango de idade e chegamos a ESO, na cal os traballos escritos están á orde do día. Digo, se pola mañan traballan con este tipo de software, pero pola tarde precisan acabar un traballo na casa, a incompetencia (ou case incompetencia) de formatos sería un problema creo eu. 

    E, se nos centramos en plataformas para a aprendizaxe ou APPs educativas, hainas libres pero hainas que non, e iso xa dependerá tamén un pouco de cada centro educativo e de cada docente ... nin unhas son malísimas nin outras son estupendas, creo eu!