Redes sociais

Fai días vin unha película chamada “Pesadilla entre amigas”, na cal unha rapaza esta a piques de perdelo todo: amigos, posibilidade de ir a universidade, a súa parella, etc. Porque alguén lle hackeou o ordenador e publicou no seu nome datos dela e dos demais que solo ela coñecía. A min fíxome reflexionar sobre a onde vai parar toda a información que lle proporcionamos as redes sociais? Quen pode empregar esa información? Eu sinceramente non o sei. Nunca antes me plantexara estas preguntas pero co paso do tempo xórdenme máis dubidas. As redes sociais foron creadas para “favorecer a comunicación” pero en moitas ocasións conseguen todo o contrario. Íllannos dos demais, fannos perder momentos especiais solo por estar mirando para unha pantalliña, cantas veces non estamos coa familia ou os amigos e nos dedicamos a andar co móbil en vez de gozar falando con eles cara a cara? Cantas cousas non nos perdemos por non levantar a vista dos nosos móbiles? Somos conscientes de como nos atrapan as redes sociais e a tecnoloxía? Eu creo que non, estamos máis preocupados por compartir os momentos que por vivilos, máis preocupados por aparentar que por ser. Cantas veces non subimos cousas a rede simplemente por un me gusta ou un comentario positivo sobre nós, parece que iso nos sube os ánimos e o ego. Pero somos o que aparentamos na rede? Si e non, somos nós distorsionados, xa que só compartimos o bo, ninguén ou case ninguén sube fotos nas que sae mal ou publica estados negativos. Pero non todo nas redes sociais é malo solo depende do uso que lles demos. Pero en definitivamente sabemos como afectan as redes as nosas vidas non virtuais?

Comentarios

  • Sara Sanmartín Méndez

    A mi también me gustaría saber qué pasa con toda esa información que colgamosy hasta qué punto es seguro compartir imágenes. Cuando se llevaba más el tuenti que el facebook yo publicaba diariamente todo o casi todo lo que hacía o dejaba de hacer, sentía, fotos mías y de mis amig@s, etc. Hoy en día utilizo facebook y la verdad que no publico practicamente nada, no me siento segura y, cuando empecé a utilizarlo me dije a mi misma que no volviese a hacer lo que hacía con tuenti, no consentí que me atrapasen como tu bien dices. Además es que roba tanto tiempo eso de estar todo el día ahí con las redes... En mi lista de amig@s hay más de uno que cuenta de más, es información que realmente no es necesaria, no se reservan nada y cuentan TODO a TODOS!! Cada uno que haga lo que quiera, pero ese es mi punto de vista: TODO EN EXCESO ES INSANO!

  • david reboredo gutiérrez

    Como publiquei nunha entrada sobre a identidade dixital, penso que non sabemos a donde vai parar esa información polo que o mellor é seleccionar e proporcionar aquela información que consideramos que se pode compartir e que outros poden ver, pero nunca algo que supón datos daquelo máis íntimo. Persoalmente, non utilizo moito as redes sociais, nin en parte delas teño conta, como o caso de Instagram. ¿A quen lle importa o que estou facendo ou con quen estou? Realmente esta pregunta é a que me leva a non publicar información acerca da miña vida, ademais de que parte dos amigos que temos agregados nas redes sociais non se poden considerar como tal, senón que ou os coñecemos de vista ou nalgún momento estivemos en contacto con eles. É certo que as redes sociais nos facilitaron a vida, posto que nos podemos comunicar con persoas en diferentes espazos xeográficos, pero actualmente facemos un uso esaxerado das mesmas; ¿Á hora de comer cantos de nos non estamos co movil? ¿Cantas veces nos berran nosas nais por estar atendendo ao móvil en vez de á comida? Antes sempre soia facer isto, pero dinme de conta de que xa lle damos un uso suficiente ás novas tecnoloxías, polo que tamén é bo manter conversacións coa xente e non simplemente cunha pantalla. 

  • Raquel Vázquez

    Estou completamente de acordo cos dous.Eu debo decir que estou no medios, nin publico en exceso nin paso de publicar. O que si teño claro e que non me vou parar a subir unha foto ou un estado no momento senón de gozalo, porque senón non ten sentido quedar coa xente se imos estar cos móbiles. E no caso de empregar o móbil cando se come nunca o fixen porque foi algo que sempre me prohibiron, e prefiro compartir a mesa ca xente que quero ca compartilo cuns "amigos" que apenas coñecen de min ou en algún caso completos descoñecidos. Así que eu só digo que debemos LEVANTAR A VISTA e gozar de todo o bo que nos ofrece o mundo.