Oíches, que eu publico na Galipedia!

Levamos unha semana traballando en torno á Galipedia, realizando un traballo colaborativo (ou non, non teño moi claro que sexa así ao 100%) para publicar unha entrada nesta rede. Xa moitos de vos tendes publicado artigos en torno ás wikis e a Wikipedia en concreto, polo que non me vou extender en este tema. Todos temos claro xa que tanto a Wikipedia como a Galipedia, como as escritas en outros idiomas, son enciclopedias colaborativas que achegan información a todo o mundo; información escrita por todo o mundo á súa vez. Por iso, cando Adriana nos dixo que debiamos publicar un artigo por grupos, tendo nos a Contorna Persoal de Aprendizaxe, pensei: toleou!. Eu pensaba, que aínda que  todo o mundo puidese publicar, só era cousa de uns cantos investigadores ou profesionais que se adicaban a facelo. E outra vez esta materia sorprendeume, vinme publicando, retocando e ampliando o artigo do PLE ao igual que as miñas compañeiras as cales lle tocou esa temática. A día de hoxe atópase máis ou menos así (xa que as modificacións durante uns días máis serán constantes para deixala o mellor posible): 

Tamén descoñecía que existise un libro de estilo e unhas normas en canto a todo o que podes escribir e como escribir, dende títulos, pasando por parágrafos e ata ligazóns. Foi un traballo difícil ó principio, xa que recordo dicirlle a Ludmila: non sei por onde coller isto, vou tolear! Pero ao final, seguindo na miña liña de cabezota, conseguín facerme cos puntos básicos das normas e do procesador de textos para aportar o meu graniño de area, xunto coas miñas compañeiras, en canto a conceptos como poden ser os compoñentes ou características de un PLE entre outros. 

O que a min me chamaba e chama a atención de igual forma é o feito de: nin se vos ocurra facer un traballo con Wikipedia como fonte! Iso é o que nos levan repetindo tres anos de carreira. Como fonte única claro que non, pero iso non se pode facer coa Wikipedia nin con calquera outro artigo, blog, documento na rede ou libro que consideremos relevante. A chave está, creo eu, en mezclar os contidos e coñecementos que vaiamos atopando, e os da Wikipedia non teñen porqué ser menos válidos que os outros, ao igual que un blog non o ten porque ser tampouco. Por exemplo, en Economía da Educación, en aquel tortuoso traballo que nos levara miles de horas, pediasenos que as fontes fosen fiables, e dis ti, maravilloso; pero é que fiables para o profesorado implicaba na meirande parte dos casos que fosen PDFs de persoas experimentadas no campo, tesis doutorais sobre o tema ou capítulos de libros. Ou sexa, todo o que se parecese o máximo posible a un libro en papel; e queda completamente, ou penso que está quedando, demostrado, que non fai falla que a veracidade se atope nun libro en papel, xa que pode atoparse en moitos outros campos e plataformas. 

Así concluíndo, a Wikipedia, e a Galipedia no noso caso, é un espazo de e para todos, no cal podemos enriquecer as nosas mentes e as dos demáis no proceso. 

Como toda a publicación saíu da miña cabeciña non hai fontes bibliográficas que citarvos, asi que, unha última cousa: 

Cómo vos foi a vós o traballo na Galipedia? Ou como vos está indo? 

Comentarios

  • Paula Rivas Táboas

    Totalmente de acuerdo Carla, tenía una visión muy similar a la tuya de cara a la Wikipedia, pero en cierto modo esa visión es la que nos fueron inculcando los profesores a lo largo de los años con respecto a la fiabilidad de dicha página. Como tú, pienso que para encontrar algo realmente fiable hay que contrastarlo con diversas fuentes.

    Es cierto que al principio nos resulto un poco caótico tanto a mi como a mis compañeras, pero a medida que ibamos investigando y provando nos resultó mucho más sencillo de lo que parecía e incluso gratificante. Pero también he de decir que el tema de las imagenes se nos atraganta, ya que no conseguimos que se visualicen correctamente en la Galipedia :( Como todo seguiremos probando y haber si  encontramos una solución!!