Bullying? Eu non sei de que me falas

Fai uns días Belén Quintana publicaba no seu blog un artigo sobre o ciberbullying, incluíndo unha película sobre o mesmo tema. Despois de darlle moitas voltas, e co seu permiso, gustariame opinar sobre o tema nesta entrada. O acoso escolar, ou bullying se lle queredes chamar dunha maneira máis fina pero máis difícil de escribir, leva estando presente nas nosas aulas dende moito antes do que pensamos. O que pasa, creo eu, é que fai anos non se lle denominaba acoso escolar, senón que simplemente eran riñas de nenos, insultos sen malicia ou peleas graciosas. Pois non señores do profesorado, iso non é así! 

Co paso dos anos, este tipo de conductas nas aulas foise facendo cada vez máis e máis perigosa e abusiva, por parte duns alumnos contra outros. Pódense dar por causas sociais, raciais, culturais, familiares, psicoafectivas ... ou simplemente porque sí, porque o abusón de turno atopou a unha nova víctima indefensa a que martirizar durante o curso escolar. Pode ser duro de dicir e de ver, pero é así. Isto pódese extrapolar ao mundo da rede e de internet, aparecendo aqui o ciberbullying ou acoso a través da rede, mediante o uso de teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos. Ambos están presentes no noso día a día, queiramos ou non; ao igual que xa cando crecemos este tipo de prácticas se poden dar en empresas, aínda que de forma máis silenciosa, como pode ser o despido a unha muller embarazada, pero ese xa é outro tema! 

Volvendo o que nos concerne nestes intres, o acoso na rede, é unha práctica, por desgraza, cada vez máis habitual nos nosos colexios. Os rapaces e rapazas saben utilizar os teléfonos e tablets pero daquela maneira, só usando Whatsapp ou Facebook, ferramentas de comunicación que usan para fomentar este tipo de conductas que fan ao débil máis débil e ao forte máis forte. Isto está ligado, creo eu, á imaxe dixital. Xa falamos na clase dese tema e moitos tendes falado nas vosas entradas, pero recopilando, ven sendo a fotografía que queres dar de ti ao mundo, a maneira de ser que mostras e o que fas, o cal non ten porque ser real. Recordade a rapaza que finxiu ir de vacacións a unha illa paradisíaca pero que falseou todo sen saír da súa casa. Ben, as persoas teñen dereito á intimidade, á propia imaxe e á dignidade persoal. Estou dacordo en que moitas veces é culpa da propia persoa xa que se vende na rede como alguén que non é; pero iso xa é caso dos máis maiores, aínda que non por iso as consecuencias son menos graves. 

As novas tecnoloxías axudan a que os comportamentos abusivos se produzan en entornos que non teñen porque ser cara a cara, xa que un rapaz pode facerlle a vida imposible a outro vía redes sociais ou mensaxes en Whatsapp. E este comportamento día tras día pode traer consecuencias moi graves para a persoa afectada se esta non é forte. Pero, e se é unha fachada? E se nos atopamos ante un novo tipo de acosador que só o fai mediante as redes? Isto podería ser posible, unha persoa que non se atreve a mirarche no patio da escola, pero que por Facebook cambia totalmente e se converte no villano da película, é dicir, dá unha imaxe que non é a súa real; traia isto consecuencias de acoso ou non. Por isto, na actualidade, moitas organizacións, goberno e os colexios intentan frear estas prácticas, aínda que considero que non é suficiente. Hai ocasións, sobre todo en pobos pequenos, nos que non nos damos conta do grave que é a situación ata que é tarde; ou tamén pode ser que pais e profesores sigan pensando iso de son xogos de nenos. A verdade é que non é así, esta é unha problemática que nos afecta día a día e contra a que debemos loitar

Supoño que xa coñeceredes o caso de Amanda Todd, unha adolescente que se suicidou por non poder máis co acoso e ciber acoso que sufría. É un caso extremo, pero non fai falta tanto para chegar a el: 

Algunha información propia e outra baseada en: 

Martín Cuadrado (2006) Utilización de las TIC para la prevención del acoso escolar. Recuperado o 21/04/2015 de http://www.uned.es/jutedu/JAES/Ponencias_MesasRedondas_Comunicaciones/Jaes2006_Martin_Cuadrado_Ana-Maria.PDF 

Comentarios

  • Belén Quintana Río

    Como bien dices yo traté este tema en una de mis entradas, pero creo que es necesario seguir tratándolo para concenciar a la gente que es una realidad muy presente en los centros escolares. Si antes de que esixtiesen las nuevas tecnologías ya era una realidad cotidiana, ahora con la aparición de estas su incremento fue brutal.

    La verdad, es que es un tema que me preocupa demasiado y me "encrespa" bastante los nervios, porque me llena de impotencia saber que hay gente que lo está pasando realmente mal (llegando al suicidio o a su intento) por culpa de dos o tres personas que se creen superiores. Mi vocación es la de ser orientadora escolar (cada vez lo tengo más claro), y espero, y tengo la esperanza, de que una vez esté trabajando en un centro escolar sepa controlar y disminuír todas estas situaciones. Es decir, creo que yo misma me encargré de dar charlas y tener reuniones con los chavales para que sean conscientes de que nadie es superior que otro, y que acosando  sus compañeros no ganan nada, solo pierden integridad y respeto hacia sí mismos.

    Genial entrada Carla!

  • Carla Vázquez Formoso

    No, si a carreira de orientadoras e educadoras escolares témola bastante clara Belén! 

  • Rocío Rodríguez Estévez

    Estas entrada me ponen la piel de gallina, al igual que vosotras estoy segura de que el bullying existia previamente al momento en el que se le dio nombre, sin embargo considero que internet y las redes sociales se lo han puesto fácil a los abusones. Teniendo en cuenta esto, no entiendo como aún no existe un control sobre la red que considere este tipo de acoso como un delito, me refiero no se como no se ha creado aún algún tipo de plataforma que se encargue de la supervisión de casos como este.

  • Carla Vázquez Formoso

    Creo que algunha ou algún xeito debe de haber para supervisar estes casos ... investigareino!