De transiberiano a transmedia

Cando Adriana dixo: Transmedia, a min o primeiro que me ven á cabeza foi transiberiano, unha tontería? Pode ser, pero non a miúdo escoito palabras co prefixo trans, polo menos eu. Situémonos, o transiberiano é ese lexendario tren ruso que se inaugura a principios do S.XX co obxecto de unir as rexións rusas. Pois con esa filosofía de unir, combinar, percorrer ... podemos chegar a entender a transmedia. Que no? Si, claro que si

Antes de nada, para facer a entrada, como supoño que faredes todos, buscades pola rede algunha información extra aparte da que se expuxo na clase non? Pois eu así deime de bruces co concepto de Storytelling. Que si, que en clase falamos de transmedia en xeral, pero tamén de narrativa transmedia en algunha ocasión, e aqui é onde cobra protagonismo o noso amigo storytelling. O storytelling, ou asi entre nos, narración de historias, ven sendo o básico de contar contos, é dicir, transmitir relatos a través de palabras e/ou imaxes que normalmente son improvisados. Amos conceptos viaxan da man connosco nesta entrada. A transmedia storytelling (así dito de maneira pija) é: 

un tipo de relato donde la historia se despliega a través de múltiples medios y plataformas de comunicación, y en el cual una parte de los consumidores asume un rol activo en ese proceso de expansión

Xa que agora a Wikipedia e máis eu volvemos a ser amigas direivos que esta definición está recollida nela. Ben, vivimos nun mundo no que xogos, internet, videos, libros, series ... todo está totalmente comunicado, polo que esta estratexia transmedia permite que se difundan os productos a través de moitos soportes para chegar ao maior número de usuarios posibles. De feito os Community Manager viven diso. Que pena que no noso mundo se creen ofertas de emprego para traballos que nin sequera sabemos que existen pero para nos non convoquen unha mísera oposición!, pero estoume liando. Volvamos á transmedia. Engloba moitísimos elementos, como poden ser blogs, video xogos, figuriñas, contos ... que acaban transformando a historia e facéndoa perdurar por anos. 

Todo está relacionado, incluso vexo que en algunha que outra páxina web se colleu por costumbre dicir: resume agora o teu relato en cento corenta caracteres. Twitter está presente señores

Isto convértenos a todos en participantes, abandoando o feito de ser espectadores. Falaba Pierre Lévy da intelixencia colectiva (2004), dicindo que cada persoa aporta un pouco ás historias da sociedade e todos xuntos imos construíndo unha historia común. Foméntase así a implicación de todas e cada unha das persoas, ao igual que a súa participación en todos os procesos da rede, somerxéndose de cheo nela. 

Todo isto está moi ben, pero, e en educación? Creo que levamos moitos días falando de transmedia polo Stellae e nos sen enterarnos! Pensade, falamos de redes, plataformas e APPs, nas que o alumnado, familia e profesorado poden interaccionar; outras que deixan que os alumnos creen os seus propios contidos e os publiquen; outras que lle permiten ao profesorado organizar os contidos e ensinarllos aos alumnos; e ata outras que permiten crear historias na clase! Temos, como futuros docentes, que deixar paso a unha pedagoxía participativa, na que o alumnado verdadeiramente se implique e se vexa motivado para traballar. Por exemplo, no vídeo que vos poño abaixo, durante tres semanas, seiscentos estudantes de Florida traballaron en equipos simulando que tiñan unha empresa espacial. Pero, cando un dos cohetes se estrella nunha cidade causando danos ao medio ambiente, teñen que decidir que facer e como xestionalo ... do seguinte xeito: 

Que opinades? Eu sin duda, no meu futuro laboral (se é que o teño daqui a uns anos) traballaría con algunha ferramenta que me permitise "transmediar" na aula cos estudantes, creando por exemplo unha novela dixital ou un video xogo. E como isto será nuns anos, teremos moitas máis ferramentas para levalo a cabo, que avanzamos a pasos axigantados! 

Páxina base: 

Medios sociales (2012) Qué es transmedia y storytelling?. Recuperado o 21/04/2015 de http://mediossociales.es/transmedia-y-storytelling/ 

Comentarios

  • Silvia

    Na miña opinión a narrativa transmedia é unha ferramenta moi valiosa para facer que os nenos se volvan axentes activos do seu proceso de ensinana aprendizaxe, debido á participación que permite. Ademáis considero que o traballo con este tipo de entrosnos dende a infoncia facilita e promove o bo uso das TIC no día a día e ó longo da vida.

    Con respecto ó aspecto motivacional, o trabllo coas TIC na aula soe ser un aliciente, xa que os nenos, polo xeral, disfrutan co traballo e o contacto con estes medios.Para rematar, considero que, debido ó auxe da metodoloxía de ensinar mediante proxectos, este recurso permite traballar en grupo sen ter que estar xuntos físicamente, o que facilita a comunicación tanto con compañeiros como cos docentes.

    Unha entrada moi interesante ! un saudo =)

  • Borja Lapido Tubío

    Na miña opinión todo é importante, eu penso que neste aspecto cantos mais medios e plataformas se dispoñan para empregar, mellor será o resultado de expresións e comunicacións, así como maiores posibilidades se terá de potenciar ao máximo a participación. Sen embargo, gutaríame referirme ao sentimento de pertenza dos axentes que vaian a estar en contacto, un sentimento de pertenza cara as narrativas transmedia, coa finalidade de que se sintan liberados decara á comunicación das súas historias, das súas realidades ou que, en moitos casos, simplemente teñas a oportunidade de facelo.

    Outro aspecto fundamental é o da eliminación das barreiras ou obstáculos, que os individuos sexan partícipes con maiores posibilidades de selo, provocando isto unha sensación no individuo de facer súa unha plataforma que manexe, unha sensación de comodidade nela por medio do seu dominio.

    Finalizar dicindo que, sendo ou non conscientes, hoxe en día case todo o mundo é partícipe con respecto ás narrativas transmedia, xa que case todos estamos conectados de unha maneira ou de outra e comunicándonos a través das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, compartindo e vivindo a través delas.

    P.D.: Un artigo moi completo e moi reflexivo pola túa parte Carla, noraboa. Un saúdo.

  • Carla Vázquez Formoso

    Gracias polos comentarios chicos! Solo engadir que, tal e como di Borja, todo o mundo é partícipe nestas narrativas, e eu realmente nunca me parara a pensar niso. Quero dicir, vivimos conectados compartindo todo o tempo as nosas experiencias, o cal é bastante fácil, porque subindo unha foto a Instagram por exemplo, podes compartila solo cun click en Facebook e Twitter. O fin e o cabo, a transmedia é parte das nosas vidas!