Narrativa Transmedia

A narrativa transmedia permite a difusión de un producto, información, imaxe etc por varios medios de comunicación diferenteas ao mesmo tempo. Ademáis permite tamén a participación dos espectadores en discusións, participar nos programas votando, ver un programa no horario que mellor nos conveña etc.

Xa que saiu o tema da televisión gustaríame facer unha apreciación persoal xa que creo que foi un medio que aplicou perfectamente o dito de "se non podes co inimigo únete a él" xa qeu o aparecerlle este gran competidor que son as TICs, as empresas que emiten en TV tiveron que adaptarse as necesidades que a nova sociedade lles pantexa e apreveitar as TIC para lanzar os seus productos.

Xa non nos é raro que exista a televisión á carta, os foros de comentarios de series e películas, votacións para concursos etc

Como comentaba no extracto desta entrada, a cultura do expectador mudou. Xa non é un espectador pasivo que se imita a observar o que unha empresa lle proporciona, se non que se transforma en participativo comentando, votando e intervindo no que consume. Constrúese así unha intelixencia colectiva.

Facendo referencia o exemplo que puen antes sobre a televisión, aproveito para explicar o concepto da cultura da converxencia, que se trata de presentar a información en unha gran variedade de plataforas (TV, on line, apps, blog, twiter...) xa que a realidade é un ente moi complexo para recollela dende un só medio.

Esto tamén se pode levar ó campo das denuncias, xa que agora o espectador pode gravar calquer situación que queira denunciar e  facerse oír na rede por exemplo nas redes sociais, youtube etc Isto permite que moitos feitos que antes non se puidran denunciar, agora sí se poida, empoderando desta maneira ó espectador.

Dende o punto de vista da educación creo que esta debería tomar á narrativa transmedia dende dúas perspectivas;

  • Unha que permite alcanzar outro obxetivo por medio da narrativa transmedia (como medio)
  • A transmedia como obxeto de estudo (como finalidade)

Cabe mencionar como exemplos do uso da transmedia en educación a plataforma "El universo de Noa&Max" (que contén apps, xogos online, material educativo etc co obxetivo de impulsar a ciencia e a tecnoloxía entre os nenos de 11 a 12 anos) e "Inanimate Alice" (unha novela dixital que permite a contrucción colectiva da historia).

 

Referencias bibliográficas.

Alonso, V. (2007) Inteligencia colectiva. Entrevista con Henry Jenkins. Gestión Vol. 12, 6 pp 112-118

Fernández, P. E. (2013) Las audiencias en la era digital: interacción y participación en un sistema convergente. Question Vol. 1, 40 pp 68-82