Unha viaxe a Siria

Na clase expositiva desta semana recibimos outra visita na cal viaxamos ata outro país e continente diferente. Tratouse da periodista siria Nusa, que nos trasladou ao seu país cunha explicación sobre cómo estaba e está a situación alí en canto ao ámbito educativo (incidindo sobre todo nas TIC).

Para comezar a charla preguntounos qué sabiamos sobre Siria. A verdade é que moi pouco e a primeira palabra que se nos ven a cabeza é guerra. Podemos saber algo da cultura, o idioma, a relixión..., pero o que máis a distingue nos últimos tempos é esa palabra que se trata da propia realidade.

Falounos sobre a situación antes da guerra e despois, notándose moitas diferenzas na educación. Os nenos e nenas xa non poden asistir a escola, só recorrendo a clases masivas ou na propia calle dun xeito informal. Non teñen lugar onde formarse, onde dirixir a súa infancia. Agora ao ver só a guerra, case só son conscientes das armas, a maldade e crueldade.

Asombroume cómo estaba situación antes, pois efectivamente era moi positiva e digna de admirar. Con pouco, xa facían moito, e como nos dixo Nusa, a imaxinación non tiña límites en ningunha mente. Os alumnos creaban múltiples obxectos e xogaban coa tecnoloxía coa axuda dos mestres a través do traballo cooperativo e colaborativo. Por exemplo, vimos innovacións como robots que podían atravesar espazos moi estreitos para aproveitar os espazos polos que as persoas non podían pasar; tamén nos ensinou un ordenador creado para persoas invidentes, algo extraordinario e que axudaría a fomentar a inclusión destas persoas. Dixen que con pouco facían moito, xa que por exemplo creaban o seu propio cine de maneira sinxela: unha caixa pechada cun espazo para poñer un dispositivo móbil e para meter a nosa cabeza. Foi moi interesante saber destas innovacións pero a realidade era outra.

Ao finalizar a clase, Nusa preguntounos qué fariamos como mestres na situación de guerra en Siria. Realmente, é máis complicado do que creía. Como dixo ela, qué lle respondes a un neno pequeno cando che pregunta: “por qué se cerrou a escola?”. Non sabes cómo responderlle a pesar de que eles pouco a pouco se darán conta da situación e o que están vivindo. Como mestre, creo que se debería funcionar como o guía, o modelo a seguir dos nenos e nenas, empezar por eles a ensinarlles que esa situación está mal e que son o futuro, o cambio. Seguen sendo a innovación e a esperanza. E se eles non perden a esperanza, os máis maiores aínda menos.