Traballo cooperativo

Dende unha gran parte da nosa vida, cada vez que necesitabamos atopar información sobre algunha temática en Internet, a gran maioría adoitaba acudir con frecuencia á Wikipedia. Teño que recoñecer que na miña vida académica me serviu de utilidade para unha gran  cantidade de materias.Sempre o vin como un elemento eficaz para comprender conceptos ou historias dunha maneira xeral.

Máis cara estes últimos anos, comecei a ver a Wikipedia como unha forma de traballo cooperativo. Aínda así, non foi ata este traballo grupal, no que tivemos que desenvolver un tema entre un grupo, cando fun capaz de integrar por completo o significado dese traballo cooperativo.

O noso grupo tivo buscar información e desenvolvela na Galipedia acerca de competencias dixitais. Primeiro, dividimos varios artigos para poder abarcar variados puntos de vista sobre a temática.

Unha vez ollados, reunimos o traballo en conxunto e puxémonos a editar a entrada. Esta, xa contaba con unha estrofa de información.  Por iso, propuxémonos complementar o traballo sen editar o anterior, creando diferentes subapartados coa información que contábamos.

Pero o traballo cooperativo xurdiu máis unha vez que rematamos. Ver como outra xente podía editar e modificar o noso propio traballo é algo ó que non estamos acostumados e que creo que nos resultou algo complicado ó comezo. Ver como inclúen información que non consideramos que é apropiada e a sitúan en apartados que pensamos que non son os ideais é algo frustrante.

Aínda así, creo que o aprendizaxe da cooperación está niso. Respectar o traballo e información dos demais, complementando sempre da maneira que consideremos máis apropiada, pero nunca eliminando o traballo dos demais colaboradores. Ó mesmo tempo, considero que as persoas que aporten algunha información nova deben ler a información posta ata o momento para poder enlazala da mellor maneira posible e ser consciente de ata ónde se tratou esa información.

 

 

Comentarios

  • Paula Rivas Táboas

    Comparto totalmente la entrada que publicaste Bea. Como parte de ese grupo de trabajo que tenemos, hemos coincidido en los puntos más conflictivos de cara a ese trabajo cooperativo en la Galipedia, que son como tú bien dijiste el de que otras personas introdujesen información o editasen cosas que habiamos puesto anteriormente, ya que no todos tenemos los mismos puntos de vista. Pero también tiene su lado positivo ya que esto ayuda a formar un conocimiento más completo y una información contrastada por varias personas y fuentes.

  • Nazaret Suárez Louzao

    Completamente de acordo coas dúas. Estamos acostumados a que a xente opine do noso traballo, pero dende fóra. Cando ese alguén que opina tamén aporta información e ,como foi no noso caso, establece unha diferente estructura, sentímonos, nun primeiro momento, "frustados" tal é como dixeches ti, Bea, xa que non  estamos acostumados a que modifiquen a nosa forma de organizar a información. Pero, ao igual que a volas dúas, resultoume algo positivo aprender a traballar deste xeito, aínda que nun primeiro momento tivésemos certo reparo á hora de publicar algo na Galipedia, porque considerábamos que non eramos ningunhas expertas para poder facelo, aínda que puidemos ver que se buscamos, manexamos e construímos axeitadamente a información podemos elaborar unha boa entrada.