Transmedia Storytelling

Co obxetivo de profundizar no concepto “Narrativa Transmedia” abordado na sesión expositiva do pasado martes 21 de abril, constrúo esta entrada. 

Segundo Carlos Alberto Scolari (Investigador da comunicación, profesor, experto en medios dixitales, interfaces e ecoloxía da comunicación) a "Narrativa transmedia es un relato que se cuenta a través de muchos medios y que un sector de la audiencia participa extendiéndolo en forma escrita o audiovisual, haciendo parodias". 

Este término asemella haberse posto de moda nos últimos anos. Tanto é así que no campo do marketing e a comunicación a “Transmedia Storytelling”  é unha realidade cotiá. Isto é, os consumidores relacionámonos coas marcas cada vez de xeito más emocional e está demostrado que cando as marcas contan historias esta vinculación entre consumidor e produto  é aínda máis forte. Esta situación poténciase  incentivada pola era na que vivimos, chea de posibilidades tecnolóxicas como a Internet e demáis plataformas.

Empréganse estratexias creativas para que os consumidores entendan a historia e queran saber máis acudindo a ela dende diferentes medios. Así, unha historia pode extenderse de xeito exponencial a través dos perfís das marcas e produtos en redes sociais, por exemplo. Isto é unha maneira de facer que os usuarios se fagan coparticipes e cocreadores do produto, contribuindo a alimentar as mesmas marcas e cambiando incluso as historias coas súas opinións perspectivas, vivenzas, decisións… 

Á hora de crear estas historias transmedia, recúrrese a gamificación ou ludificación, un fenómeno que trata de motivar a participación dos usuarios, co uso de técnicas e dinámicas entretidas e lúdicas que transforman unha actividade ou tema consideraro aburrido de primeiras. Consecuentemente, esta metodoloxía transmedia favorece a dedicación, a implicación entusiasta coa historia e, por tanto, beneficia o marketing.

Co fin de exemplificar o exposto, preséntovos un vídeo que explica de modo moi visual a forte vinculación da narrativa transmedia co marketing. Nel, Bing, un buscador de Microsoft, sérvese deste fenómeno para aumentar a súa relevancia e chegar a un colectivo máis amplo de persoas. Trátase dunha invitación cara a reflexión de que, o Transmedia Storytelling é, sen dúbida, unha realidade da que nos rodeamos día a día. 

Fontes Consultadas: 

Carlos Scolari: "Cada vez más las noticias nacen de un Tuit" . Recuperado de: lanacion.com.ar