Realidade aumentada, ou como ver un dinosaurio enfronte túa

 

Como vos sentiriades se poidésedes ver un dinosaurio saíndo dun libro? Eu, como fan de Jurassic Park estaría contentísima! Pois señores e señoras, esto é posible! Xa dende fai un tempo polo que teño entendido, pero eu non me enterei ate agora. Gracias á realidade aumentada podemos ver obxectos saír dos libros ou aparecernos nas rúas a través dun móbil ou tablet. Según a Wikipedia: 

 "es el término que se usa para definir una visión a través de un dispositivo tecnológico, directa o indirecta, de un entorno físico del mundo real, cuyos elementos se combinan con elementos virtuales para la creación de una realidad mixta en tiempo real"

Isto permite sobrepoñer datos informáticos no mundo real, para crear unha dobre realidade na cal podemos ver, como dicía un dinosaurio diante nosa, ou o coche de Arthur Wesley sobrevoando o ceo inglés. 

Esta tecnoloxía permite ver obxectos, manipulalos e xiralos para velos dende diferentes perspectivas gracias a distintas APPs ou programas de intepretación, a cámara que capture a imaxe e os markers. Estes markers son como os códigos QR que todos coñecemos, pero, que ao escanealos, nos aparece a imaxe desexada en tres dimensións. Según CATEDU (Centro Aragonés de Tecnoloxías para a Educación) é un dos avances TIC que máis posibilidades educativas nos ofrecen neste momento, e eles mesmos poñen á disposición do profesorado aragonés moitos recursos para traballar con esta nova ferramenta, como poden ser o Software (BuildAr Viewer é o que usan eles se non me equivoco) xunto coas súas instruccións de uso.

Seguindo nesta visión educativa, moitas son as opinións respecto ao seu uso, a maioría positivas teño que dicir. Permiten, por exemplo, proxectar os órganos e osos do corpo humano nunha persoa, sendo este un recurso educativo moi interesante para o alumnado de educación primaria. Isto podémolo ver na imaxe que vos poño aqui, sacada de El Blog de la Profe Marta. (http://elblogdelaprofemarta.blogspot.com.es/p/ra.html) Outra posibilidade, educativa pero sen ser dentro da escola, é a de un proxecto realizado en Bristol no seu Museo e Galería de Arte ou o realizado por National Geographic nun centro comercial en Budapest. O que necesitan  é unha pantalla xigante e un marcador no suelo para que as persoas se coloquen no sitio adecuado. As imaxes que se mostrarán están producidas previamente, polo que as persoas poden interactuar con elas gracias a unha cámara dirixida a elas enfronte ó marcador.

Mirade que cousa maravillosa ten isto como resultado: 

Por outro lado, Ikea ou Universal Pictures tamén se lanzaron a este mundillo para promocionar os seus productos, o que nos leva de novo á narrativa transmedia! Que maneira de relacionar todos os medios posibles para contar unha historia ou, directamente, venderlle cousas á xente. Ikea introduce nos seus catálogos unha serie de códigos que permiten ver productos adicionais, imaxes alternativas ou ideas para a decoracion do teu fogar. Universal Pictures vai un paso máis alá, e déixache ver a un Tyrannosaurus Rex que pretende visitar Buckingham Palace, que no? Mirade a foto!

 

Si estades fartos de ver imaxes e videos de dinosaurios chinchádevos, que son la mar de ilustrativos (aparte de xeniais) para este post!

Xa para rematar, direivos que vexo esto unha iniciativa espectacular. Recordades as clases de bioloxía nas que diseccionabamos un corazón ou un pulmón? E que pasaba co resto do corpo? Nada de nada, na miña escola polo menos non chegabamos moito máis lonxe diso, pero coa axuda deste dispoistivo poderiamos ter nas nosas mans calquera órgano ou parte do corpo para tocala, movela, xirala e darlle tres mil voltas ata que visemos todos os seus recobecos. Agora, señor Wert, déixese de tonterías como a de facer unha selectividade tipo test con 300 preguntas e invirta un pouqiño nisto si? Ademais, isto chámame a min a atención (pode ser polo meu frikismo interior) pero cómo non o vai facer cos nenos? Penso que os atraería moito máis para aprender determinadas materias nas que se lle podería dar moita utilidade, como sería bioloxía ou historia. Imaxinádesvos ver a Batalla do Ebro así a pe de campo diante nosa? Unha experiencia xenial, sin lugar a dúbidas. 

E vos, pensades que sería útil incluír este tipo de iniciativas na escola? Ou en museos, centros comerciais, parques ... e demais superficies que se precien? 

Fontes nas que me empapei da información

Escuela 2.0 Primaria. Realidad Aumentada. Recuperado o 26/04/2015 de http://www.catedu.es/Escuela20_Primaria/index.php?option=com_content&view=article&id=290:realidad-aumentada-en-catedu&catid=1:ultimas-noticias

Realidad aumentada y niños. Eve Museografía. Recuperado o 26/04/2015 de http://evemuseografia.com/2013/10/17/realidad-aumentada-y-ninos/ 

Realidad Aumentada (RA). Wikipedia. Recuperado o 26/04/2015 de http://es.wikipedia.org/wiki/Realidad_aumentada

Una app de realidad aumentada da vida a las películas de la Universal. Recuperado o 26/04/2015 de http://www.digitalavmagazine.com/2012/04/26/una-app-de-realidad-aumentada-da-vida-a-las-peliculas-de-la-universal/

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Pois considero que sería unha boa iniciativa. Manteríamos aos alumnos máis atentos con cada imaxe aumentada, ademais de favorecer o asombro dos rapaces. Nun vídeo visto na clase sobre como sería a educación no futuro fálase de mostrar as imaxes en realidade aumentada, de xeito que os alumnos comprendan mellor a imaxe que se trate e mesmo como funciona. Por exemplo, no caso do funcionamento do corazón como aparece no vídeo, permítese aos alumnos coñecer de xeito visual como funciona dito órgano. Deste xeito, a aprendizaxe é máis dinámica, supoñendo unha alternativa ás clases teóricas nas que era preciso ler unha e outra vez o libro para saber como é o proceso que leva a cabo o corazón. 

    Fonte:

  • sandra picos sanisidro

    Que interesante Carla, me encantaría estar en ese centro comercial de Budapest jajaj, tiene que ser un experiencia increíble. 

    Pienso lo mismo que vosotros, incluir este tipos de experiencias en las escuelas por supuesto que sería útil, los niños aprenderían más y el aprendizaje será más significativo.Además irían con más ganas a clase, por lo menos yo lo haría.