Narrativa Transmedia

Parece que toca aprender novo concepto: narrativa transmedia, narración transmedia, narracións transmédicas ou en inglés transmedia storytelling. En palabras de Adriana, defínese como unha forma de difusión dos productos a través de varios medios e soportes para así chegar a un maior número de usuarios. Henry Jenkins foi o primeiro que identificou os principios fundamentais das Narrativas Transmedia aínda que despois foran comentados por diversos autores.

image

O que está claro é que estamos atravesando un proceso de transición, de evolución mediática. Cambia a cultura do espectador, cambia a cultura de participación e aparece un espectador activo que acaba evolucionando en grandes comunidades formadas por ese “fenómeno fan”.

Comentábamos na pasada expositiva que tipo de series veíamos, si pertencíamos a algún club de fans ou participábamos nalgún foro. “Breaking Bad”, “Lost”, “Prison Break” ,“Friends”,etc numerosas series, cada un nombrando a súa favorita.

Investigando, din cunha páxina chamada “Lostpedia”, curioso cando levamos un par de semanas traballando a Wikipedia. Esa páxina trátase dunha web que recolle información  sobre a serie Lost e organizaa, seguindo o mesmo funcionamento que a Wikipedia. É dicir, un fan desta serie, pode seguila vendo os capítulos simplemente ou complementar con información que pode recoller en este tipo de webs. Considero que se trata dunha forma de vivir ao máximo esas experiencias de entretemento, poñendo en común críticas, intereses e demáis opinións dos fans. Tamén resulta curioso ata que punto uns fans dunha serie poden chegar, porque non é unha simple páxina de opinión se non que vai máis alá.

Navegando pola rede, en relación a isto, atopei a páxina NarrativaTransmedia.com. Despois de ver algún dos vídeos que mostra, pareceume interesante algo que ofrece: cursos de inmersión na narrativa transmedia. O obxectivo destes cursos e enseñar a elaborar diseños transmedia, é dicir, proxectos, guións, etc que vaian máis alá da información e que impliquen aos usuarios rompendo ese papel de espectador pasivo.

E que en realidade non me extraña que a xente trate de formarse nestas competencias, xa que cada vez son máis as persoas que se animan a compartir as súas ideas e pensamento e cada vez son máis as que non poden ver unha serie, programa,etc sen expresar a súa opinión. A verdade e que guionistas e persoal de publicidade actúa de forma moi intelixente xa que saben que involucrando ao público desta forma, poden conseguir que os seus proxectos sexan todo un éxito.

Despois de observar numerosos documentos, estábame sendo difícil entender o concepto transmedia sen ter relación co mundo do cine ou marketing. Non lograba entender que función temos como futuras pedagogas neste campo. Foi así ata que dín co concepto alfabetización mediática. Según a UNESCO educar ás persoas a través da alfabetización mediática e informacional é:

uno de los requisitos más importantes para fomentar el acceso equitativo a la información y al conocimiento y para promover  medios de comunicación y sistemas de información libres, independientes y pluralistas.”

Creo que realmente temos un gran campo por explotar neste sentido tanto para formarnos como futuras profesionais nesta materia, para formar a futuros docentes ou para ensinar a escolares.

¿Opinades o mesmo? ¿Temos sitio neste mundo da transmedia? ¿Deberíamos formarnos máis?

 

 Fontes:

-El transmedia de Henry Jenkins y Carlos Scolari. Despuntualizando Recuperado de: https://dospuntualizando.wordpress.com/2011/05/11/el-transmedia-de-henry-jenkins-y-carlos-scolari/   (24-04-2015)

-Inmersión práctica, clara y veloz en la narrativa transmedia. Recuperado de: http://www.narrativatransmedia.com/cursos.html Consultado 24-04-2015

-UNESCO. Información mediática e informacional. Recuparado de: http://www.unesco.org/new/es/communication-and-information/media-development/media-literacy/mil-as-composite-concept/ Consultado 26-04-2015

-The Lost Encyclopedia. Recuperado de: http://lostpedia.wikia.com/wiki/Main_Page Recuperado de: 24-04-2015