Desdobramento dixital

O outro día en clase podemos visionar un video sobre a sociedade actual e o seu uso de internet e das novas tecnoloxías.

Nada máis comezar o vídeo  aparecía unha escena da película “Matrix”. E n dita película a idea que proponen é a de dous mundos , un mundo real no cal viven uns poucos, e por outra parte un mundo dixital no cal vive a inmensa maioría da xente. Esta idea obviamente está exaxerada en gran medida, ao fin e ao cabo é unha película de ciencia ficción.

  Sen embargo o concepto dos dous mundos comeza a ser algo non tan alonxado da realidade. Na miña primeira aportación á rede Stellae fixera mención ao paso da era analóxica á era dixital que vivirá a nosa xeración durante os anos 90, e falaba de que na miña opinión eso fora algo único na historia da humanidade e que fomos afortunados de vivilo. Do mesmo modo, neste momento, vivimos un novo cambio de era.

Como na película de Matrix estanse a crear dous mundos, o real e o dixital. O mundo real é o que todos coñecemos, no cal nos desenvolvemos día a día. O dixital, por outro lado, é no que navegamos tamén a diario. Ben é certo que o mundo dixital existe dende fai xa bastantes anos, pero creo que nunca acadara as dimensión que posue actualmente. Nos seus comezos era un espazo para buscar e compartir información, unha rede de coñecemento mundial, sen embargo co paso do tempo foi aumentando as súas funcións.

Actualmente internet sérvenos para realizar todo tipo de tarefas. Podemos buscar información ou compartila, podemos ver películas e series, facer a compra, contratar servizos, realizar as nosas xestións ou mesmo traballar via online.

Ademáis, grazas as redes sociais e aos foros, internet crea un novo espazo de socialización nunca antes visto. As relación vólvense menos directas pero máis accesibles, xa que a distancia e o tempo deixan de resultar un obstáculo.

Debido a todo isto estase a crear un novo mundo paralelo ao noso, un novo sector da información donde todo se regula coas súas propias normas. No cal cada un crea o seu propio perfil, xa que deixa a súa pegada con cada cousa que sube, con cada búsqueda e con cada interactuación coa rede.

A proba máis fiable de que se está a crear un novo mundo en internet son as propias empresas privadas.  Se de algunha maneira poidéramos retroceder no tempo ata mediados dos 90, con internet acabado de nacer, e explicarlle ao mundo a que se dedican empresas como google ou yahoo e os ingresos que teñen  ninguén nos creería.  Sen embargo Google acaba de rebasar os 36.000 millóns de ingresos, e os seus donos atópanse na lista das 20 persoas máis ricas do mundo, xunto co dono de Amazon.com .

Todo o sector privado coñece este novo mundo e sabe que é un filón de beneficios. Por poner un exemplo, fai uns anos tanto Adidas como Nike eran moi famosas polas súas campañas publicitarias. Tamén outras moitas empresas sabían que o secreto do éxito para os seus productos era conseguir unha campaña publicitaria que chegase a moita xente, polo que non lles importaba invertir gran parte do seu presuposto en dito obxetivo. Cando se iniciaban esas grandes campañas vías os seus anuncios en todas as canles de televisión, había grandes vallas publicitarias e podías ver carteis seus en autobuses e paradas. Todo isto supoñía un gasto inmenso en relación coas persoas ás que se conseguía chegar.

Sen embargo todo isto cambiou, ahora as empresas buscan outro tipo de publicidade máis directa.  Antes podían gastar unha gran cantidade de diñeiro para poñer unha valla publicitaria xunto a unha carretera, a cal a maioría da xente iba a ignorar porque non lle interesaba o anunciado. Ahora mesmo en internet a publicidade é selectiva, vai en función dos teus gustos. Pode ser que despois de que usaras o buscador para atopar información sobre educación che aparezca un anuncio sobre un master online, ou despois de ver un video de baloncesto che aparezca un anuncio de Decathlon.  Antes calquera empresa daría o que fose por ter un minuto de publicidade nun programa de televisión de éxito, ahora darían o que fose por ter un video viral en internet que promocionase o seu producto. 

Ante isto xorde unha necesidade educativa, educar ás futuras xeracións para que teñan as competencias necesarias para moverse por este mundo dixital. Ou como xa se decía nos textos de Burbulles, educar a usuarios críticos.