Plataformas Wiki

Dende que comezamos o semestre, saíu de modo continuado o concepto de "plataformas Wiki". Eu, como supoño que grande parte de vós, só coñecía a Wikipedia, pero estas plataformas ofertan moita máis variedade de servizos que a famosa enciclopedia libre.

Wiki é a denominación que recibe un sitio web susceptible de edición dende o propio navegador, é dicir, edición online. Nestos portais, os usuarios crean, modifican, suprimen e, o máis importante, comparten contidos. Este proceso de elaboración e modificación realízase de modo colaborativo. Ata aquí poderíamos identificar a plataforma "Google Drive" como unha Wiki, pero non pertence a esta clasificación. A principal diferencia reside na privaticidade do propio software: mentres Drive permite colaborar pero non consinte o acceso libre ao software, as plataformas Wiki permiten colaborar e crear programas a partir do mesmo software. Ademáis as Wiki permiten inserir enlaces, non só externos, senon internos, que facilitan a hiperlectura.

A continuación deixovos unha enumeración de softwares gratuitos que permiten a creación de plataformas Wiki:

1. MediaWiki. Software empregado, por exemplo, pola Wikipedia.

2. DokuWiki. Está orientado á creación de documentos para grupos máis reducidos (pequenas empresas, grupos de traballo, etc.)

3. PmWiki. As páxinas creadas mediante este software, presentan unha apariencia similiar á dos sitios web creados por outras ferramentas, pero a principal diferenza radica en que existe unha opción de "editar". Ademáis, segundo os intereses do creador do sitio, a capacidade editora podese deixar de libre acceso ou restrinxirse a un grupo de usuarios concreto.

4. WikkaWiki. Foi concibido coa intención de que fose rápido, fiable e seguro. Inclúe unha versión para imprimir.

5. TWiki. É un xestor de contidos que soporta extensións para acceder a bases de datos, diagramas, táboas, follas de cálculo, debuxos, etc. Dáselle moito valor para tarefas educativas, xa que tamén permite realizar seguimento de proxectos.

6. XWiki. Baséase en Java e permite crear aplicacións que funcionan a modo de base de datos. A versión empresarial inclúe un editor, baseado en OpenOffice, que permite realizar etiquetado, importación e exportación de documentos, entre outras funcións.

7. MindTouch Deki. É unha plataforma comercial que funciona a modo de nube, favorecendo a creación de coñecemento de modo colaborativo e a entrega de documentación ao clientepor diversas canles.

8. Boltwire. Ferramenta para crear sitios web, de utilización simple, sinxela e flexible, que favorece a aprendizaxe gradual.

9. Zoho Wiki. Ademáis da creación e modificación de coñecemento, este portal oferta a creación de espazos de traballo privados ou públicos e promove a conversa activa entre clientes, empregados, socios e equipos de traballo.

10. Wikia. Proporciona un servizo de hospedaxe de páxinas web gratuito, baseado na tecnoloxía Wiki e baixo a filosofía da cooperación.

 

Webgrafía:

Mishra, S. 10 Free Wiki Software Platforms or Wiki Engines. Recuperado de: http://www.clickonf5.org/7599/10-free-opensource-wiki-software-engine/ Data de consulta: 27/04/2015

WikkaWiki. Recuperado de: http://es.wikipedia.org/wiki/WikkaWiki Data de consulta: 27/04/2015

Wikia. Reuperado de: http://es.wikipedia.org/wiki/Wikia Data de consulta: 27/04/2015

Zoho Wiki. Recuperado de: https://www.zoho.com/wiki/ Data de consulta: 27/04/2015

BoltWire. Recuperado de: http://www.boltwire.com/index.php?p=main.language.es Data de consulta: 27/04/2015

MindTouch Deki. Recuperado de http://en.wikipedia.org/wiki/MindTouch Data de consulta: 27/04/2015

XWiki. Recuperado de: http://es.wikipedia.org/wiki/XWiki Data de consulta: 27/04/2015

Twiki. Recuperado de: http://recursostic.educacion.es/observatorio/apls/wikiseneducacion/web/index.php/Twiki Data de consulta: 27/04/2015

PmWiki. Recuperado de: http://www.pmwiki.org/wiki/PmWikiEs/PmWikiEs Data de consulta: 27/04/2015

DokuWiki. Recuperado de: https://www.dokuwiki.org/es:dokuwiki Data de consulta: 27/04/2015

MediaWiki. Recuperado de: http://www.mediawiki.org/wiki/Manual:What_is_MediaWiki%3F/es Data de consulta: 27/04/2015

MediaWiki. Recuperado de:http://es.wikipedia.org/wiki/MediaWiki Data de consulta: 27/04/2015