Narrativa transmedia

Este concepto supón unha novidade para min, a pesar de que si o tiven aplicado na miña vida real, posto que en certos deportes tiven seguido un encontro pola televisión e as redes sociais ao mesmo tempo.

¿Cómo foi posible a aparición da narrativa transmedia? Penso que dita forma de seguir historias por varios medios foi froito da aparición das novas tecnoloxías, pero xa en épocas pasadas sucedía dito proceso posto que moitas persoas empregaban a televisión e a radio para manterse informado sobre unha determinada temática.

Un exemplo que se podería aplicar na educación de narrativa transmedia é o desenvolvemento da temática sobre os problemas que causa o tabaco na saúde das persoas, durante o desenvolvemento dun programa de educación para a saúde nos centros de educación secundaria. Para elo poderíanse empregar ademais de imaxes nas que se mostra as graves consecuencias de fumar, unha explicación teórica do que supón o fume do tabaco no organismo humano. Poderíanse empregar tamén vídeos animados sobre o funcionamento dun pulmón cunha alta concentración de fume de tabaco en contraposición a un pulmón máis san, así como empregar as redes sociais para difundir o coñecemento sobre ditos programas.  Por último poderíase establecer unha mesa redonda, na que diversos expertos expresaran as súas opinións sobre o tabaco e os ricos que supón o mesmo. 

Fontes:

http://es.wikipedia.org/wiki/Narrativa_transmedia

http://oed.ub.edu/proyectos/transmedia.html

http://blogthinkbig.com/narrativa-transmedia/