Google tamén ten unha vena educativa!

Relacionada coa miña anterior entrada sobre o M - Learning, hoxe veño a falarvos do Google Play for Education. Esta é unha iniciativa que Google lanza esta iniciativa para meterse (tamén) no mercado educativo, cunha idea que pretende vender, nalgúns casos xa que noutros son gratuítas, aplicacións educativas para tablets e móbiles co sistema operativo Android; facéndolle de paso á competencia á Apple. Por fin alguén se preocupa dos simples mortais sen iPhone ou iPad!. Estas APPs están probadas por unha rede de profesores que comproban se son adecuadas para o seu uso na educación primaria ou secundaria. Según Eduardo Martínez, os beneficios deste novo sistema son: 

  • Localizar aplicacións que foron probadas por profesores calificados 
  • Facilidade para atopar o contido según o tema ou grao académico
  • Compra de aplicacións sen ter que mostrar a tarxeta de crédico
  • Distribuír estas aplicacións a través da nube 
  • Adaptación das aplicacións o funcionamento de tabletas dixitais 

Podedes acceder á paxina de Google for Education no enlace https://www.google.com/edu/products/class-content/e o que ides atopar será máis ou menos o que se ve na fotografía inferior. Que levante a man quen de vos non lle gustaría aprender a anatomía do corpo humano cunha aplicación como esa? Creo que sería moito máis fácil e intuitivo, podendo ver o corpo en tres dimensións e todas as súas partes no sitio correcto. Con isto non digo que as imaxes dos libros de texto esten mal, pero por dios, esto é moito mellor! 

As ferramentas que nesta sección de Google se poden atopar non son só para alumnos, senón tamén para profesores, que poden buscar e recomendar o contido para os seus alumnos, como complemento ó explicado na aula ou directamente para usalo de primeira man nalgunha materia. Un punto positivo, queridos mortales, é que a maioría de xente posúe Android, ou, por dicilo doutro xeito, Android adáptase a dispositivos de varias marcas e modelos, polo que non temos as restriccións de iOS para acceder a este contido. Moitos equipos que posúen os colexios poden aproveitarse desta plataforma, polo que isto é un beneficio para todos. 

Google promove as aplicacións cun precio asequible, ou incluso gratuitas como vos dicía, pero, ademais diso, as aplicacións están realmente deseñadas para o ámbito escolar, o que permite unha xestión e configuración moi sinxela, acorde coas necesidades escolares; permitindo unha instalación en rede dende a tableta do profesor ó resto da aula. Isto para min é un punto positivo a ter en conta, xa que os alumnos non traballarán desperdigados, senón que todos formarán parte de un todo, valga a redundancia. Hai algúns modelos de tabletas que incorporan unha tecnoloxía de desplegue táctil NFC, polo que permite que só con tocarse entre elas, poden compartir contidos e crear unha aula colaborativa de tabletas en moi pouco tempo e de maneira simple. A consola de administración de Google tamén está aqui presente, permitindo administrar varios dispositivos dende un só terminal.

Considero que isto está moi ligado co xogo educativo, xa que, a educación non se centra neste senso en ler un libro de texto, senón que de maneira interactiva se poden aprender moitos contidos. Isto sería beneficioso para alumnos e profesores creo eu. Inclúo aqui o termo que me descubriu Raquel de gamificación, vista como a aplicación de técnicas relacionadas co xogo para promover un aprendizaxe máis lúdico. 

Que vos parece esta iniciativa de Google? A min, estupenda!

Fontes de referencia:

Google Play para la Educación. Recuperado o 29/04/2015 de http://www.capacimac.com/noticias-sobre-elearning-y-tecnologia-educativa?limitstart=0 

Google Play para Educación. Recuperado o 29/04/2015 de http://creaconlaura.blogspot.com.es/2013/11/google-play-para-educacion.html

ABC. Google quiere desafiar el dominio de Apple en el aula con Google Play for Education (2013). Recuperado o 29/04/2015 de http://www.abc.es/tecnologia/moviles-aplicaciones/20130516/abci-google-play-educacion-201305161731.html