Narrativa transmedia

Segundo Henry Jenkis a narrativa transmedia ou transmedia storytelling representa un proceso onde os elementos integrantes dunha ficción se dispersan de maneira sistemática a través de múltiples canais de distribución co fin de crear unha experiencia unificada, coordinada e entretida. E onde, idealmente, cada canal fai a súa propia contribución no desenvolvemento da historia.

As narrativas transmedia son coma un puzzle que deben encaixar todas as pezas que nela interveñen, formando así unha única peza completa. Isto pode presentar sombras e luces.

Esto na miña opinión presenta unha desventaxa, xa que aos abarcar tantos medios podemos vernos saturados de información bombardeados sempre polo mesmo tema en diferentes redes sociais ou en diferentes ámbitos, infoxicándonos, sobrecargándonos de información, o que pode producir que perdamos o interese por ese tema ou produto.

Tendo en conta a infoxicación que se pode sufrir, tamén considero que a narrativa transmedia pode ser un bo método para aplicar na ensinanza. No meu paso polo sistema educativo o importante era o libro, era o centro da ensinanza, o que en moitos casos facia que perdese o interese polo que me querían ensinar. Coa narrativa transmedia isto pode verse superado, xa que para tratar un tema non fai falta só un libro, senón que hoxe en día dispoñemos de diversos campos como: péliculas, incluso de xogos ou videoxogos que poden facer que os nenos non perdan o interese e aprendan dunha maneira máis interativa e dinámica, como xa falaba a miña compañeira Raquel Vázquez Regueiro no seu post sobre a gamificación. Creando así un aprendizaxe completo dende distintos ámbitos, fomentando o interese do alumnado e implicando as novas tecnoloxías, tan necesarias nesta sociedade da información.

 

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Como xa publiquei nunha entrada sobre a narrativa transmedia, estou dacordo contigo en que este tipo de forma de narrar historias dende varios soportes, fai que a cantidade de información recibida sexa moita, o que provoca a dificil capacidade para asimilala. É certo que co auxe das novas tecnoloxías está gañando cada vez máis forza no mundo das comunicacións, sendo moitas as series e outro tipo de contidos narrados dende esta pespectiva. A pesar de que haxa gran cantidadade de información, supón un maior coñecemento sobre aspectos dun mesmo tema, polo que a principal tarea estaría en nos mesmos, sendo capaces de curar, filtrar e selecionar os contidos que se nos presentan. 

  • Judith Viqueira Díaz

    Estou de acordo contigo David pero no tocante ao último que dis, que é o noso traballo curar filtar e seleccionar contidos penso que ante unha sobrecarga de información ás veces, polo menos a min mesma, faiseme moi difícil filtar toda a información que me chega, polo que moitas veces a solucción máis fácil é obviala. Asi que penso que tamén sería algo a ter en conta por parte dos informantes para que non se produza esta sobrecarga de información, e tamén un traballo nosos á hora de curar, filtrar e seleccionar contidos.