Unha viaxe da man de Nusa

Moitos de nós, por non dicir todos, nin pensaríamos en Siria, e moito menos que estivese presente nunha sesión de Tecnoloxía Educativa. Hoxe en día toda a información que busquemos ou que xa se nos presentan nos xornais ou na rede teñen relación co conflito bélico no que desgraciadamente se ven inmersos.

A presentación de Nusa baseada en imaxes relevantes da educación en Siria antes e despois da guerra. Foron sorprendentes sen dúbida algúns dos proxectos que nos presentaba nesas imaxes e que eran elaborados polos propios alumnos co apoio dos mestres, como a construción por equipos de un robot que captaba a información das covas a modo de GPS. A imaxe das aulas antes e despois dos bombardeos é unha imaxe que esperta en un mesmo a sensación da necesidade de dotar a esta país dos recursos materiais e humanos necesarios para poder reflotar o gran potencial que a educación siria dispón.

Como un indicador desta situación quero destacar que os propios nenos e nenas son os que demandan unha educación á altura das expectativas, isto amósano a través de reunións en espazos improvisados sen ningún tipo de recursos para o intercambio da información ou contidos. En relación á posibilidade de aceso que teñen as TIC é lenta, cara e restrinxida, estando algúns espazos virtuais bloqueados, entón, como poden acceder á información no seu día a día? pregunta que para nós sería respondida con libros, pero a propia Nusa dixo que para os nenos acceder a estes terían que desprazarse por grandes distancias duns territorios en constante conflito. A razón disto, quero darlle gran importancia á proposta de Nusa, ao envío de ebooks para que se teña maior acceso á información e á lectura en calquera momento e lugar, que dispoñen dunha gran rapidez de carga, xa que só teñen dúas horas de dispoñibilidade de electricidade, e que sexan un recurso a longo prazo que lles sirva ao longo do tempo.

Persoalmente agradezo todas a Nusa as súas aportacións e explicacións, e que se poidan cumprir tódolos seus obxectivos e desexarlle o mellor.