Imaxinación en tempos de guerra

O pasado martes 28 de abril tivemos a oportunidade de asistir a unha clase diferente. A periodista e profesora Nusa, de Siria, veu a compartir con nos a situación que está a pasar o seu país, en guerra, no referente ás novas tecnoloxías e á educación, ofrecéndonos unha comparativa entre o "antes da guerra" e o "presente da guerra".

Unha das cousas que me asombrou, polo meu total descoñecemento, foi a situación na que se atopaba Siria, no tocante ás novas tecnoloxías, antes de que estalara a guerra. Cremos, en moitas ocasións, que somos o centro do mundo, como continente, e que fóra de Europa e de América do Norte, todo o mundo está por debaixo de nos a nivel desenvolvemento e progreso. Pero cando comezamos a ver un atismo da realidade, non sempre nos atopamos co que pensabamos.

Siria era un país tecnolóxicamente bastante avanzado, grazas, sobre todo, a imaxinación da súa poboación, segundo puiden entender coa charla. Tiñan á súa disposición recursos tecnolóxicos, tiñan creatividade para crear outros e para buscarlle utilidades (por exemplo, aproveitaban o calor e sol propios de vivir preto dun deserto para producir enerxía). 

A educación estaba prácticamente xeneralizada en tódalas idades. Os escolares acudían á escola "uniformados" (segundo a etapa que cursaban debía ir vestidos con roupas dunha ou outra cor), establecíase unha ratio de 15/20 escolares por profesor en primaria...  O Estado concebía como unha das súas ocupacións a educación. De feito, comenta Nusa, que chegou a España grazas a unha beca que o goberno lle concedera (a cal se interrumpiu tan pronto comezou a guerra). É dicir, que, antes de que estalara o conflicto bélico, Siria era un país avanzado en canto a Tecnoloxía e Educación.

Pero co xurdir do conflicto, o avance viuse completamente paralizado, toda a sociedade se paralizou. Os cidadáns retrocederon forzosamente en tecnoloxía i educación, ademais de en moitos mais ámbitos. A educación non ía existir como obxectivo de niguén. Pero a xente non esquece as competencias aprendidas, as concepcións que se tiñan sobre a educación. Se antes se entendía a formación como un aspecto valioso e relevante, vaise seguir vendo deste xeito, aínda que xa non se goce do apoio do goberno.

Polo tanto, era necesario que a sociedade voltara a mostrar a imaxinación que emerxe, sobre todo, en situacións complicadas. Era necesario buscar a forma de continuar formando a esas novas xeracións, pois os anos que perdan en formarse non voltarán, aínda que remate a guerra. Así, danse en Siria, mostras de imaxinación da súa poboación á hora de tentar seguir formando aos seus nenos e nenas.

As escolas son agora escolas ao aire libre, con tódolos peligros que isto acarrea tratándose dunha zona en conflictos. A solidaridade emerxe por tódolos recunchos: as persoas que antes eran mestres ou aquelas que teñen unha mellor formación, encárganse voluntariamente de darlles educación aos cativos e cativas da contorna, no propio edificio no que viven (posto que tamén lles está restrinxido saír das casas, pois só o poden facer en duas horas determinadas). Ante a falta de espazos, xúntanse nun mesmo lugar ata 200 alumnos e alumnas atendidos por 4 profesores, os cales non reciben compensación algunha, salvo a satisfación de lograr achegar a educación a cativos e cativas que doutro xeito se verían incapaces de gozar dela. 

A imaxinación é sen dúbida, o recurso máis empregado por toda a sociedade. Destaco unha experiencia que comentou Nusa. Ante a imposibilidade de acceder á Rede, e polo tanto, de ter unha rede social onde intercambiar experiencias, compatir, comunicarse, informarse de xeito virtual, optan por crear a súa propia rede social, real. Os cativos acoden cada un a unha escola diferente. Cada xoves reúnense nun mesmo lugar e comparten experiencias, aprenden os uns dos outros... Este aspecto considero que tamén o deberíamos levar a cabo nos mesmos, ademais de comunicarnos e relacionarnos a través da Rede, tamén o deberíamos VOLVER  a facer de xeito "real", de persoa a persoa, pois considero que aporta beneficios que a rede non pode ( aínda que a rede tamén aporte outros diferentes). Deberíamos comezar, ou volver, a empregar os dous tipos de relacións, sen deixar de lado os beneficios de ningunha.

Outro aspecto que destaco da experiencia, foi o feito de amosarnos que sí que se pode achegar as tecnoloxías aos escolares de países en guerras, buscando o método axeitado. Sen dúbida, o e-book paréceme unha ferramenta perfecta para este caso polos motivos que xa expuxo Nusa ( non gasta unha gran cantidade de electricidade, non precisa de Internet se xa lle introducimos os libros, pode ser compartido por varios usuarios, non se deteriora tan facilmente, podemos facer chegar a través del unha gran cantidade de libros que sería imposible achegarlle en material impreso...). Considero que é moi importante continuar buscando o xeito de achegarlle aos cativos e cativas as novas tecnoloxías, sobre todo, para que non perdan as compentencias que xa interiorizaran antes do conflicto que modificou as súas vidas.

Sen dúbida, a experiencia compartida fíxome mudar a imaxe que tiña do pais e da guerra, e darme conta de que, se buscamos e imaxinamos, podemos achegar a tecnoloxías para intentar mellorar situacións moi complicadas, aínda que nun primeiro momento o vexamos imposible, como era o meu caso.

Esta experiencia fíxome pensar noutros contextos similares, non alonxados do noso día  a día, nos que as novas tecnoloxías serven tamén para ofrecer oportunidades que sen elas non serían vistas nin como alternativas. Este é o caso dos centros penitenciarios. As novas tecnoloxías ofrecen, neste ámbito privado de liberdade, infinidade de oportunidade educativas e sociais. O fin último deste centro é a reeducación e reinserción social. Para logralas de verdade, é necesario certo contacto coa realidade, aspecto do que están privados os internos. Este pode verse solucionado grazas ás novas tecnoloxías. A través delas poden formarse, a través de organismos como a UNED, manter contacto con tutores que non estean presentes nos centros (ante a imposibilidade de que sexan eles como alumnos aos que se acheguen a "titorías"), coñecer a realidade social e laboral do momento... Aínda que este uso da rede teña que estar en todo momento controlada, a través de software simulativos podense crear infinidade de alternativas.  

Na próxima entrada do blog tratarei de abodar de xeito mais completo este último aspecto, a través dun proxecto de preventivo e socioeducativo  en centros penitenciarios, que emprega as TIC como recurso para levalo a cabo: o Proxecto Omnia. 

Comentarios

  • Paula Rivas Táboas

    Coincido contigo en que no tenía la visión de Siria antes de la guerra de la forma en que nos la mostró Nusa, pensaba en un país tercermundista en que no tendría ni acceso a Internet y que no disfrutarían de las nuevas tecnologías. Pero como bien dices, pensamos que somos el centro del mundo, y no es así. El término que pronunció Nusa de  "hacen Facebook" me llamó mucho la atención, y pienso como tú, deberíamos realizar estas prácticas más a menudo, ya que estamos tan inmersos en las redes sociales y en nuestro dispositivo móvil, que aún se nos va a olvidar que es comunicarnos cara a cara y contarnos la experiencias vividas uno enfrente del otro.

  • Andrea Iglesias Morenza

    No puedo estar más de acuerdo con vosotras. Antes de la charla sabía que Siria se encontraba en guerra actualmente, pero no tenía ni idea de su situación antes de esta. Coincido con vosotras en que no nos damos cuenta de que la tecnología avanza, y avanza para muchos lugares del mundo y no solo para nosotros (¡y menos mal!). Aqui es cuando afirmo que la tecnología puede darnos un poco más de "vida" a todos, a nivel personal, social y educativo. Así como aportar más calidad a la educación y a las relaciones. Eso sí, pienso igual que vosotras en lo que respecta a la "adicción" que tenemos a las redes sociales y a Internet, y que deberiamos "hacer Facebook" de otra forma. Quería decir en relación al vídeo que expuso antes de la charla, que yo lo consideré como una guerra interna que todos tenemos, y que muchas veces nos dejamos llevar por ella dentro del mundo virtual (y obviamente, en el no virtual también).

    Me ha gustado mucho tu reflexión y tu exposición de la expositiva del otro día!